Organización Europea para a Investigación Nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Historia: Novo experimento e ref.
Liña 29:
|}
 
A '''Organización Europea para a Investigación Nuclear''' ('''CERN''') é a institución que xestiona o maior laboratorio de investigación en [[física de partículas]] a nivel mundial, entre [[Francia]] e [[Suíza]]. As siglas proceden do seu primeiro nome oficial provisional ''Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire'' que data de [[1952]] cando se acordou o seu establecemento. Coa súa fundación oficial en [[1954]] o nome mudouse a ''Organisation Européenne pour la Recherche Nucléaire'', mantendo aínda así as súas siglas anteriores CERN.
 
== Historia ==
Fundado en [[1954]] por 12 países [[Europa|europeos]] dos cales dous deixaron logo de existir ([[Iugoslavia]] e [[República Federal Alemá]]), o CERN é, hoxe en día, un modelo de colaboración científica internacional e un dos centros de investigación máis importantes do mundo. Actualmente conta con 20 estados membros, os cales comparten o financiamento e a toma de decisións da organización. Á parte destes, outros 28 países non membros participan con científicos de 220 institutos e universidades en proxectos co CERN, utilizando as instalacións. Destes estados non membros, oito estados e organizacións teñen a calidade de observadores, participando nas reunións do consello.
 
O primeiro grande éxito científico do CERN produciuse no [[1984]] cando [[Carlo Rubbia]] e [[Simon van der Meer]] obtiveron o [[Premio Nobel de Física]] polo descubrimento dos [[bosón]]s W e Z. No [[1992]] tocoulle a quenda a [[Georges Charpak]] "pola invención e o desenvolvemento de [[detectores de partículas]], en particular a cámara proporcional multifíos".
 
O 4 de xullo de [[2012]] mostráronse ao público os resultados preliminares dos estudos que confirmarían finalmente a descuberta do [[Bosón de Higgs|bosón escalar]] no [[acelerador de partículas]] do CERN<ref>[https://home.cern/fr/news/news/physics/birth-higgs-boson Nova do achado do Bosón de Higgs]</ref>. Este achado reportaría o [[Premio Nobel]] para [[Peter Higgs]] e [[François Englert]] no ano 2013, ao vérense respaldadas as súas teorías científicas pola evidencia práctica.
 
No [[2019]] apróbase [[FASER]] (Forward Search Experiment), experimento deseñado para a procura de partículas lixeiras e de [[Interacción nuclear débil|interacción débil]] asociadas á [[materia escura]]. É instalado no período de descanso do LHC para entrar en funcionamiento a partir de [[2021]].<ref>Boletín RSEF. Número 89. Marzo 2019, p.4</ref>
 
== Funcionamento ==