As Pontes de García Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5030390 de 188.86.86.227 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 165:
|}
 
Durante a primeira metade do [[século XX]] houbo poucas variacións na poboación do concello, con subidas e baixadas pouco representativas. O balance final deste medio século foi positivo, de 1900 a [[1950]] a poboación aumentou en 1325 habitantes. A evolución foi completamente distinta na segunda metade do século, aumentando a un ritmo maior e chegando a duplicarse en 40 anos ata acadar os 13&nbsp;214 habitantes en [[1991]], en parte debido a que en 1982 o concello integrou as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, que até entón formaban parte do municipio da Capela. Esta data marcou o máximo histórico da poboación do concello, xa que na última década do século XX e na primeira do [[Século XXI|XXI]] produciuse un descenso apreciable de poboación ata os 10&nbsp;399 habitantes habitantes no ano 2016.<ref name="IGE2"/><ref name=INE/><ref name=IGE/>, dos cales 5&nbsp;091 eran homes e 5&nbsp;308 eran mulleres.<ref name="IGE2"/>
 
En canto a distribución por tramos de idade, no 2015 a poboación maior de 64 anos representaba a quinta parte do total do concello, duplicando á menor de 16 anos. Os datos oficiais do [[IGE]] de 2014 indican un valor para o índice de envellecemento de 157,2. No 2013, a idade media á maternidade era de 32,4 anos, cun número medio de fillos por muller de 0,8.<ref name="FichaMun">{{Cita web |url=http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002003001&c=-1&ruta=fichas%2Fbdmunicipal_tablas.jsp%3FESP%3D15070 |título=Ficha municipal das Pontes |autor= |data=2015 |obra= |páxina-web=[[IGE]] |dataacceso=5 de marzo de 2016}}</ref>