Serge Tonnar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 5:
Irmán do director de cine [[Yann Tonnar]], estudou a carreira de [[xornalismo]] en [[Bruxelas]] e desde 1993 ata 1995 traballou na emisora Radio 100,7 ao tempo que colaboraba con artigos culturais en periódicos como ''Grénge Spoun'', ''Tageblatt'' e ''Lëtzebuerger Land''.
 
No ámbito da música colabroucolaborou con grupos diversos grupos tales como Battaklang, Blue Screw, Claudine Muno and the Luna Boots e Taboola Rasa. No ano 2001 estableceu a súa propia banda de rock, Zap Zoo. que lanzou catro álbums con temas en inglés. e en 2003 fundou o grupo Serge Tonnar & Legotrip, nun estilo pop-rock, tamén con catro álbums editados, con temas fundamentalmente en luxemburgués. En 2008 publicou un álbum en solitario, ''Pärele bei d'Sei''. Realizou desde 2000 bandas sonoras dalgúns filmes, compoñendo a música dos filmes de [[Andy Bausch]] ''Le club des chômeurs'' (2002) e ''Deepfrozen'' (2006). As letras das súas cancións adoitan ser de crítica sociopolítica, denunciando a homofobia, a xenofobia ou a intolerancia.<ref>[http://www.autorenlexikon.lu/page/author/544/5444/FRE/index.html Ficha no] Dictionnaire des auteurs luxembourgeois</ref>
 
Tonnar tamén é autor, actor, director e produtor de pezas teatrais en lingua luxemburguesa. Foi un dos fundadores do colectivo literario MASKéNADA en 1995 e mais entre 2008 e 2012 foi o presidente da ''Fédération luxembourgeoise des théâtres professionnels''.