Sindicatura de Contas de Cataluña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Nova páxina: "A '''Sindicatura de Contas de Cataluña''' (en catalán: ''Sindicatura de Comptes de Catalunya'') é unha institución da Generalitat de Catalunya que depen..."
Etiqueta: edición de código 2017
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1:
A '''Sindicatura de Contas de Cataluña''' (en [[Lingua catalá|catalán]]: ''Sindicatura de Comptes de Catalunya'') é unha institución da [[Generalitat de Catalunya]] que depende organicamente do [[Parlament de Catalunya]] segundo o que establecen os artigos 80 e 81 do [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006|Estatuto de Autonomía]]<ref name="estatut">[http://www.gencat.cat/generalitat/cat/estatut/ Estatut d'autonomia de Catalunya]</ref> de [[Cataluña]] e no artigo 1 da Lei 18/2010, do 7 de xuño, da Sindicatura de Contas.<ref name="llei1">[http://www.parlament.cat/activitat/llei_sindicatura.pdf Llei 6/1984 de 5 de març de la Sindicatura de comptes]</ref> A Sindicatura de Contas é a institución encargada de fiscalizar a xestión económica, financeira e contable do sector público catalán, e do control de eficiencia da Generalitat. Foi creada o [[5 de marzo]] de [[1984]], aínda que as súas orixenorixes remóntanse ao [[século XIII]], cando o xeneral de Cataluña instituíu os "oïdors de comptes", que tiñan por función o control da xestión das contas públicas.
 
A Sindicatura depende organicamente do Parlament,<ref name="llei1"></ref> que lle delega as funcións que desempeña, con plena autonomía organizativa, funcional e orzamentaria. A Sindicatura de Contas ten personalidade xurídica propia. Está formada polos síndicos designados polo Parlament por maioría de tres quintas partes. Os síndicos, á súa vez, elixen o síndico ou síndica maior. Actualmente, o ''síndic major'' é [[Jaume Amat i Reyero]].