Bagler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
Os '''Bagler''' ([[Lingua nórdica antiga|nórdico antigo]] : ''baglarr,'' [[bokmål]] : ''Bagler,'' [[Nynorsk]] : ''Bagler)'' eran unha facción nacida en 1196 durante as as [[Guerras civís norueguesas]],<ref>{{Cita web|url=https://snl.no/baglere|páxina-web=Store Norske Leksikon|título=baglere|data-acceso=09-03-2019|apelidos=Holmboe|nome=Haakon|lingua=no|data-publicación=22-05-2018|apelidos2=Salvesen|nome2=Helge}}</ref><ref>Gjerset (1915), p. 397</ref> e que estaba apoiada, principalmente, pola [[aristocracia]] norueguesa, o [[clero]] e mailos comerciantes.
 
== Traxectoria ==
Liña 5:
 
=== Contexto ===
O período de guerras civís na historia norueguesa durou de 1130 a 1217. Durantes ese tempo houberon varios conflitos de diferente escala e intensidade. A caudsa dos conflitos foron as leis de sucesión norueguesas que eran pouco claras, as condicións sociais e a loita entre a Igrexa e os reis polo que acabaron formándose dous bandos que foron os Bagler e os [[Birkebeiner]], arredor de pretendentes de sangue real que aspiraban á realeza.
 
=== Orixe ===
A facción Bagler formouse en [[Escania]], a rexión máis ao sur da actual [[Suecia]] e daquela pertencente a [[Dinamarca]], auspiciada principalmente polo bispo [[Nicolás Arnesson]] de [[Oslo]] e o arcebispo [[Erik Ivarsson]] de [[Trondheim|Nidaros]] (actual Trondheim) ao redor do pretendente [[Inge Magnusson]] (chamado Rei Bagler) para depoñer o rei [[Sverre I de Noruega]]. As clases acomodadas, especialmente de [[Viken]] e de [[Vestlandet]], foron o principal apoio dos Bagler. Os antecedentes da súa actividade están no apoio que ofreceron a [[Inge I de Noruega]] e, despois da súa morte, a [[Magnus V de Noruega|Magnus V]] e a seu pai, o rexente [[Erling Skakke]].
 
Loitaron contra os Birkebeiner, que eran esencialmente unha facción de campesiños que apoiabana ao rei Sverre I (tamén chamado Sigurdsson, por ser suposto fillo ilexítimo do rei [[Sigurd II]])<ref>{{Cita libro|título=Genealogisk-historiske tabeller over de nordiske rigers kongeslægter|apelidos=|nome=|editorial=JPF|ano=1856|ISBN=|ref=|lugar=Königsfeldt}}</ref> nunha guerra civil a finais do [[século XII]]. A fonte máis importante sobre a vida de Sverre é a ''[[Saga de Sverre]]'', un documento escrito en vida do monarca, considerada como unha fonte parcial pois foi escrita baixo o seu patronado. Nela, indícase como Sverre ten liñaxe real por ser fillo bastardo putativo do falecido rei Sigurd II. En xeral, a maior parte dos historiadores están de acordo coa opinión na época na que se sostiña que era un impostor.<ref>Gjerset (1915), p. 377</ref>
 
Dende unha perspectiva sociohistórica, os Bagler pode ser interpretado como conservadores fronte ao resultado dos cambios como o rápido aumento dos homes fronteirizos sen terras (''markamenn''), que foran instalados ao longo da fronteira sueca e vivían do saqueo dos antigos asentamentos ricos. Esa poboación anárquica converteuse na base principal dos Birkebeiner. Os Bagler tamén favoreceron á [[Igrexa católica|Igrexa]] e ós seus privilexios e posesións.
 
A pesar dos curtos reinados dos seus monarcas a partir de Sverre, os Birkebeiner conseguiron ter un certo poder polo que, no [[1209]], asinouse un tratado entre os Bagler e os Birkebeiner, que recoñeceu ao pretendente bagler, [[Fillipus Simonsson]], como gobernador de [[Oppland]] e [[Viken]] (en [[Østlandet]], Noruega Oriental), pero sen o título de Rei e ao pretendente birkebainer, Inge Bårdsson, como o rei [[Inge II de Noruega]]. Ámbolos dous morreron en [[1217]], e [[Haakon IV|Haakon Haakonson]] (birkebeiner de nacemento, e fillo ilexítimo de [[Hakon III Sverreson]])<ref>{{Cita web|url=https://snl.no/H%C3%A5kon_3_Sverresson|páxina-web=Store Norske Leksikon|título=Håkon 3 Sverresson|data-acceso=09-03-2019|apelidos=Norseng|nome=Per G.|data-publicación=08-05-2018|lingua=no}}</ref> ascendeu ao trono coa denominación de [[Haakon IV]] sen a penas oposición, baixo a regencia do duque [[Skule Bårdsson]].<ref>{{Cita web|url=https://snl.no/H%C3%A5kon_4_H%C3%A5konsson_-_den_gamle|páxina-web=Store Norske Leksikon|título=Håkon 4 Håkonsson – den gamle|data-acceso=09-03-2019|apelidos=Norseng|nome=Per G.|data-publicación=16-08-2018|lingua=no}}</ref>
 
Máis tarde, en [[1240]], Haakon IV rematou coas guerras civís e limitou o papel da [[aristocracia]] en Noruega.
 
== Pretendentes Bagler ==
Liña 34:
=== Outros artigos ===
*[[Birkebeiner]]
*[[Guerras civís norueguesas]]
 
{{control de autoridades}}