Michael Metcalf: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Nova categoría.
m Arranxos varios
Liña 25:
}}
 
'''David Michael Metcalf''', nado en [[Newcastle upon Tyne|Newcastle]] o [[8 de maio]] de [[1933]] e finado o [[25 de outubro]] de [[2018]], foi un [[numismático]] do [[Reino Unido]] vinculado á [[Universidade de Oxford]], especializado na [[moeda]] [[Idade Media|medieval]], do [[Moeda bizantina|Imperio Bizantino]], dos [[Estados cruzados]] e dos [[Balcáns]].<ref name=":0">[[Cécile Morrisson|Morrisson, Cécile]]. "[http://www.sfnumismatique.org/actualites/deces-de-michael-metcalf-1933-2018/ Décès de Michael Metcalf (1933-2018)]". ''[[Société française de numismatique|Sociéte Française de Numismatique]]''.</ref><ref>"[http://www.ukwhoswho.com/view/10.1093/ww/9780199540884.001.0001/ww-9780199540884-e-27323 Metcalf, Prof. David Michael]". En ''Who's who & Who was Who''.</ref><ref name=":1">Mayhew, Nick. "[https://www.theguardian.com/education/2018/nov/19/michael-metcalf-obituary Michael Metcalf obituary]". En ''[[The Guardian]]''. 19 de novembro de 2018.</ref>
 
== Traxectoria ==
O seu pai, Thomas Metcalf, fora un ministro [[Metodismo|metodista]], e a súa nai, Gladys Moore, exercera como [[Docente|mestra]]. A familia procedía de [[Yorkshire]], aínda que tiña un carácter moi itinerante por mor da dedicación do seu pai, motivo polo que Michael naceu en Newcastle.<ref name=":1" />
 
Metcalf estudou [[Xeografía]] na [[Universidade de Cambridge]], onde posteriormente obtivo o seu [[doutoramento]] baixo a dirección de [[Philip Grierson]], cunha [[Tese de doutoramento|tese]] acerca da circulación monetaria nos Balcáns de [[820]] a [[1355]], que foi publicada en [[1965]].<ref name=":0" />
 
Posteriormente, traballou na Sala de Moedas Heberden do Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford, á que chegou da man de [[Humphrey Sutherland]]. Alí exerceu inicialmente como conservador axudante, a partir de [[1971]], e entre [[1982]] e [[1988]] chegou a ser o director dese importante gabinete numismático.<ref name=":0" /><ref>Kraay, C. M.; [[Humphrey Sutherland|Sutherland, C. H. V.]] (1972). Páxina 12.</ref>
 
Paralelamente, foi nomeado profesor de Numismática desa mesma Universidade (''Wolfson College'') en [[1996]], posto no que se mantivo ata a súa xubilación en [[1998]], cando foi nomeado [[Emérito|profesor emérito]].<ref name=":1" /><ref>"[https://www.ox.ac.uk/media/global/wwwoxacuk/localsites/gazette/documents/universitycalendar/Professors_and_Readers_Emeritus_listed_in_the_2016-17_Calendar_.pdf Professors Emeritus]". ''Oxford University''. Páxina 12.</ref>
 
Entre [[1994]] e [[1999]] exerceu a presidencia da [[Royal Numismatic Society|Real Sociedade Numismática]] de [[Londres]], de cuxo órgano de expresión, ''Numismatic Chronicle'', foi director.<ref>[[Robert Carson (numismático)|Carson, R. A. G.]] (1986). Páxina 38: "''[...] Michael Metcalf, the present editor of the Numismatic Chronicle [...]''".</ref> En [[2007]] foi nomeado membro de honra desa [[sociedade científica]].<ref>"[https://numismatics.org.uk/about-the-society/presidents-of-the-society/ Presidents of the Society]". ''[[Royal Numismatic Society|The Royal Numismatic Society]]''.</ref><ref>"[https://numismatics.org.uk/honours-and-awards/honorary-fellowship/ Honorary Fellowship]". ''[[Royal Numismatic Society|The Royal Numismatic Society]]''.</ref>
Liña 79:
 
{{ORDENAR:Metcalf, David Michael}}
 
[[Categoría:Nados en 1933]]
[[Categoría:Finados en 2018]]