Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced:

(3)
Liña 10:
| lugar de nacemento = [[Domrémy-la-Pucelle|Domrémy]] ([[Lorena]]), [[Ficheiro:Pavillon royal de la France.svg|20px]] [[Reino de Francia]]
| lugar de pasamento = [[Ruán]], [[Reino de Inglaterra]]
| data de pasamento = [[30 de maio]] de [[1431]]
{{Idade|05|01|1412|30|05|1431}}
| festividade = [[30 de maio]]
| venerado en = [[Igrexa católica]] e [[Igrexa anglicana]].
Liña 482:

Tocoulle a Massieu acompañala os últimos metros xunto co irmán Martin. Ela seguiu rezando e rogando a san Miguel e a outras criaturas celestiais. Naquel momento, Cauchon dixo que Xoana era enviada á xustiza secular, por enésima vez «Como membro podrecido, habémosche desestimado e votado da unidade da Igrexa e declarámosche á xustiza secular». Aínda que naquel momento podíase esperar unha sentenza secular; esta nunca foi pronunciada si é que algunha vez foi elaborada. Xoana foi posta sobre a fogueira e antes de ser queimada, un soldado inglés interrompeu cun grito de fondo gritando «¡Sacerdote! Deixarasnos acabar o traballo antes da hora da cea?». Entón un alguacil deu a orde de execución e o verdugo levouna á estaca. Levaba un papel cravado na parte superior coas palabras «herexe, reincidente, apóstata, idólatra».
[[Ficheiro:Panthéon Jeanne d'Arc détail6.JPG|miniatura|130px|''Xoana de Arco na fogueira''
Jules-Eugène Lenepveu, 1889
detalle dunha pintura do [[Panteón de París|Panthéon de Paris]]]]
Como último desexo, Xoana reclamou que os sacerdotes alzasen unha cruz diante dos seus ollos ata que ela morrese, para que así acabase os seus últimos momentos acompañada de Deus. O irmán [[Isambard da Pierre]] foi a buscala a San Salvador que era a igrexa máis próxima e volveu baixo as risas dos ingleses, mentres ela invocaba Santa Catarina, Margarida e Miguel. Xoana entón gritou: «Ruán, Ruán, podes sufrir por ser o lugar da miña morte?». Pierre subiu á plataforma e alzou a cruz, e xa entre as chamas, ela aínda lle pediu que baixase para que non se levase ningún desgusto, pero sempre coa cruz alzada, para que fose o último que ela vise. Así o fixo e Xoana perdeuse entre as chamas. Pero aínda puido gritar a palabra «¡Xesús!» varias veces. Dise que antes de que morrese la Pucelle, Cauchon achegouse a ela, e Xoana gritou: «Eu morrerei pola súa culpa, si eu fora entregada á igrexa e non aos meus inimigos, eu non estaría agora aquí». Xoana sería rapidamente reducida a cinzas segundo o xa mencionado diario dun Burgués de París..