Otto von Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Seguidor do prusianismo: Arranxos varios, replaced:

(3)
Liña 145:
Durante o ano [[Revolucións de 1848|revolucionario de 1848]], Bismarck foi un loitador decidido en prol do [[prusianismo]] e da [[monarquía]].<ref name="Ver" /> Arrepiado polas mostras de debilidade do monarca, pretendeu levar unha columna de campesiños armados a Berlín,<ref name="RWEr" /> e cando a raíña escusou ao seu esposo, alegando que durmía moi pouco, Bismarck contestou en ton groseiro: "¡Un rei ten que poder durmir!"<ref>Pflanze, Otto, “Desempeño en el Parlamento de Fráncfort”, páx. 159.</ref>
Bismarck, no fondo, non era consciente de que o movemento de 1848 estaba apoiado por sectores moi amplos nin comprendía a súa [[Identidade nacional|base nacional]]. Plenamente identificado coa ideoloxía prusiano-conservadora, falaba da "cobiza dos proletarios". Máis tarde editou un poema que os oficiais prusianos cantarían en [[Potsdam]] con motivo dos sucesos do [[21 de marzo]].<ref name="Ver" />
Os versos máis importantes, que sen dúbida reflectían os sentimentos do propio Bismarck, dicían así:{{Cita|E entón un grito partiu o corazón:

Non seredes xa prusianos, seredes alemáns [...]

Termina aquí, [[Dinastía Hohenzollern|Zollern]], a túa historia gloriosa,

Aquí caeu un rei, pero non na contenda.|Fragmento dun poema de Otto von Bismarck.<ref>Pflanze, Otto, “Desempeño en el Parlamento de Fráncfort”, páx. 160.</ref>}}
O rei xulgou a actitude de Bismarck naqueles días coas seguintes palabras: "Debe usarse unicamente cando a baioneta campe polos seus respectos".<ref name="Insa">Mommsen, Wilhelm, “El Landtag unificado”..., pág. 30.</ref>