Onda (mar): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (5)
Liña 1:
{{outros homónimos|onda}}
[[Ficheiro:Wea00816.jpg|thumbminiatura|right|250px|Ondas no [[Pacífico Norte]].]]
As '''ondas do mar''' son [[onda (física)|ondas]] que se desprazan a través da superficie de [[mares]], [[océano]]s, [[río]]s, [[lago]]s, [[Canle (enxeñería)|canles]] etc.
 
Liña 9:
 
=== Causa ===
[[Ficheiro:Boelge stor.jpg|thumbminiatura|300px|Ronsel de onda formado polo paso dun barco.]]
 
O fenómeno é provocado polo vento, cuxa fricción coa superficie da auga produce un certo arrastre, dando lugar primeiro á formación de engurras na superficie da auga, chamadas ondas ou ondas capilares, de só uns milímetros de altura e ata 1,7 cm de [[lonxitude de onda]]. Cando a superficie perde a súa lisura, o efecto de fricción intensifícase e as pequenas engurras iniciais deixan paso a ondas de gravidade. As forzas que tenden a restaurar a forma lisa da superficie da auga, e que con isto provocan o avance da deformación, son a [[tensión superficial]] e a [[gravidade]]. As ondas capilares mantéñense esencialmente só pola tensión superficial, mentres que a gravidade é a forza que tensa e move as ondas máis grandes.
Liña 24:
 
== Parámetros ==
[[Ficheiro:Olas parametros.png|thumbminiatura|400px|Parámetros das ondas. A=amplitude H=altura λ=lonxitude de onda.
]]
A parte máis alta dunha onda é a súa crista, e a parte máis profunda da depresión entre dúas ondas consecutivas chámase val. Á distancia entre dúas cristas denomínaselle lonxitude de onda (λ) e á diferenza de altura entre unha crista e un val chámaselle altura (H) da onda. A amplitude é a distancia que a partícula se aparta da súa posición media nunha dirección perpendicular á da propagación. A amplitude (A) vale a metade da altura. A pendente (δ) é a inversa da tanxente entre a altura e a lonxitude de onda.
Liña 52:
 
== Alteracións ==
[[Ficheiro:A storm at Pors-Loubous.jpg|thumbminiatura|250px|Onda rompendo en [[Plogoff]], [[Bretaña]], [[Francia]].]]
As ondas son procesos moi complexos, que sofren grandes transformación no seu movemento cara a costa, tanto na altura da onda, como na lonxitude de onda, como na velocidade de propagación, así como no movemento do auga ao paso dunha onda (círculos, elipses, segmentos, correntes) e tamén respecto á súa propia forma, chegando mesmo a romper, por efecto do fondo.
 
Liña 60:
 
== Efectos ==
[[Ficheiro:Breaking of a wave reaching the beach.ogv|thumbminiatura|250px|Animación 3D dunha onda con efecto construtivo]]
O efecto das ondas sobre as praias é distinto xa que poden ter efecto construtivo ou destrutivo:
* '''Efecto construtivo''': cando as ondas son pequenas e de pouco período (ondas de verán, xeralmente), as ondas tenden a mover pouco sedimento, sobre todo moi preto do límite de costa, tendendo a acumular a area na parte alta da praia, formando a "praia seca".