Gran Teatre del Liceu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (2)
Liña 12:
|inauguración = [[4 de abril]] de [[1847]].
|reapertura = [[20 de abril]] de [[1861]], [[7 de outubro]] de [[1999]].
|arquitecto = [[Miquel Garriga i Roca]] (1847)<br />[[Josep Oriol Mestres]] (1862)<br />[[Ignasi de Solà-Morales]] (1999).
|propietario = Consorcio do ''Gran Teatre del Liceu''.
|capacidade = 2.292
Liña 96:
En [[1838]], a entidade mudou o seu nome polo de '''Liceo Filarmónico Dramático de S.M. la Reina Isabel II'''. A carencia de espazo e as presións das monxas, antigas propietarias do convento, que recuperaran os dereitos que perderan e reclamaban voltar, motivaron que o Liceu tivese que abandonar o convento en 1844; a derradeira representación tivo lugar o [[8 de setembro]].
 
A cambio, o concello concedeulle a compra do edificio do Convento dos Trinitarios, sito no centro da cidade, na [[La Rambla|Rambla]]. Deseguido comezaron os traballos de derrubamento deste convento co fin de edificar un novo edificio capaz de acoller todas as actividades do Liceu. Os responsables do teatro encargaron o proxecto de xestión a [[Joaquim de Gispert d'Anglí]], que formou, a fin de obteren os recursos necesarios, dúas sociedades: a Sociedade de Construción e a Sociedade Auxiliar de Construción. Os accionistas da primeira obtiñan, a cambio das súas achegas económicas, o dereito de uso a perpetuidade dalgúns palcos e butacas do futuro teatro. Os da segunda, en cambio, achegaban o resto de cartos necesarios para construír o teatro en troco da propiedade doutros espazos do edificio ou parte dos baixos, onde se instalaron tendas, e o [[Cercle del Liceu]], un club privado.
 
Deste xeito, a diferenza doutras cidades europeas, onde a monarquía se facía cargo da construción e mantemento dos teatros de ópera, en Barcelona a construción do '''Gran Teatre del Liceu''' realizouse mediante as achegas de accionistas particulares, segundo unha estrutura de sociedade mercantil. Amais, a raíña Isabel, malia lle solicitaren axuda, non contribuíu á construción. Estes feitos mesmo condicionaron a estrutura do novo edificio, carente, por exemplo, de palco real; amais, a sociedade cambiaría o seu nome, retirando o nome da raíña e pasando a denominarse '''Liceo Filarmónico Dramático'''.
Liña 199:
 
* En [[1899]] inaugurouse a tempada con ''[[Tristan und Isolde]]'', que obtivo un éxito extraordinario.
 
* O mesmo ano estreouse ''[[Die Walküre]]'', coa escena da cabalgata que se fixo cunha sorprendente proxección cinematográfica rodada en [[Montserrat (monte)|Montserrat]]<ref name="Històries de l'òpera: al Liceu 4" /> e coa sala por primeira vez ás escuras.
* En [[1910]] e [[1911]], comportaron a representación íntegra de sete tetraloxías alén de 23 representación doutras seis obras súas.