Diferenzas entre revisións de «Fondo Monetario Internacional»

m
Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro
(Engádese nota.)
m (Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro)
O '''Fondo Monetario Internacional''' (en inglés '''International Monetary Fund''', que acostuma abreviarse como '''FMI''' en galego e como '''IMF''' en inglés) é, xunto co [[Banco Mundial]], unha das organizacións internacionais denominadas de [[Bretton Woods]], así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en [[1945]] e ambas organizacións naceron en maio de [[1946]]. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das [[Organización das Nacións Unidas|Nacións Unidas]]. A súa sede radica en [[Washington, D.C.|Washington]] ([[Estados Unidos de América]]). En [[2010]], durante a ''14ª revisión xeral de cotas'' os fondos financieiros dispoñibles do FMI situábanse en 755&nbsp;700 millóns de [[Dólar estadounidense|U.S. dólares]].<ref>{{cita web|título=IMF Executive Board Approves Major Overhaul of Quotas and Governance|url=http://www.imf.org/external/np/sec/pr/2010/pr10418.htm|editorial=Fondo Monetario Internacional|lingua=inglés|data=5 de novembro de 2010|dataacceso=30 de decembro de 2014}}</ref>
 
A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da [[globalización]] económica e dos promotores do denominado [[Consenso de Washington]]. As principais críticas céntranse no papel dominante que teñen os países desenvolvidos dentro do organismo, o que causa que o FMI oriente as súas políticas globais ó fomento do [[capitalismo]] [[neoliberal]],<ref> Alexander, Titus (1996). ''Unravelling Global Apartheid: an overview of world politics''. Polity press. p. 133.</ref> por mor de impor ós [[países en vías de desenvolvemento]] -e máis recentemente a algúns países europeos- os seus programas económicos. Os seus préstamos son realizados a cambio do cumprimento destes programas baseados no [[Consenso de Washington]] -redución do déficit e do [[gasto público]]-, as políticas [[Monetarismo|monetaristas]] e o [[neoliberalismo]],<ref>Chorev, Nistan; Sarah Babb (June 2009). ''The crisis of neoliberalism and the future of international institutions: a comparison of the IMF and the WTO''. Springer Science and Busiess Media.</ref> o que segundo os seus críticos provocou un aumento da fenda entre ricos e pobres e un empeoramento dos servizos públicos, como a sanidade.<ref>Hertz, Noreena. ''The Debt Threat''. Nueva York: Harper Collins Publishers, 2004.</ref> Tamén está acusada de apoiar e financiar ás [[ditaduras militares]] en [[Latinoamérica]] e [[África]], <ref>{{cita web|título=El apoyo del Banco Mundial y del FMI a las dictaduras|url=http://www.cadtm.org/El-apoyo-del-Banco-Mundial-y-del,10648|autor =Eric Toussaint|ano=2014|dataacceso=14 de maio de 2014}}</ref> e tamén se criticaron puntualmente as súas políticas sobre medio ambiente e alimentación.<ref>{{cita web|apelidos1=Bredenkamp, Pattillo|nome1=Hugh, Catherine|título=IMF Staff Position Note|url=http://www.imf.org/external/pubs/ft/spn/2010/spn1006.pdf|lingua=inglés|data=25 de marzo de 2010|dataacceso=30 de decembro de 2014}}</ref><ref>{{cita web|título=Death on the Doorstep of the Summit|url=http://policy-practice.oxfam.org.uk/publications/death-on-the-doorstep-of-the-summit-114112|editorial=Oxfam|lingua=inglés|data=2002|dataacceso=30 de decembro de 2014}}</ref>
 
== Historia ==
[[Ficheiro:1900 Pennsylvania Avenue.JPG|miniatura|A segunda sede.]]
O FMI foi creado en xullo de 1944 durante a conferencia de acordos de Bretton Woods a fin de garantir a estabilidade do [[Sistema Monetario Internacional]] despois da [[Segunda Guerra Mundial]]. Comezou a existir oficialmente o 27 de decembro de 1945, cando os primeiros 29 países [[ratificación|ratificaron]] o convenio correspondente.<ref>{{citeCita booklibro|page=79|url=https://books.google.com/books?id=alysnLedf5oC&pg=PA79|title=International Financial Management|isbn=9789381141076|author1=Somanath|first1=V. S.|date=1 de febreiro de 2011}}</ref>
Entre os seus obxectivos estaba impedir que as grandes potencias económicas caesen de novo na [[Gran Depresión|situación dos anos 30]], durante un período onde as desvalorizacións da moeda e as decisións sobre políticas económicas crearan enormes tensións internacionais.
 
* Desenvolvemento dunha estrutura de libre mercado en practicamente todos os sectores de bens e servizos, sen intervención do Estado, que só debe asumir un rol regulador cando se requira.
* O concepto de ''servizos'', na interpretación do FMI, esténdese ata incluír áreas que tradicionalmente se interpretan como estruturas de aseguramento de dereitos fundamentais, como a educación, a saúde ou a previsión social.
* Políticas de [[flexibilidade laboral]], entendido como a liberalización do mercado de traballo.
 
Estes puntos foron centrais nas negociacións do FMI en [[América Latina|Latinoamérica]] como condicionantes ó acceso dos países da rexión ó crédito, nos [[anos 1980|anos oitenta]]. Arguméntase que provocaron unha desaceleración da industrialización, ou desindustrialización na maioría dos casos. As recesións en varios países latinoamericanos a finais dos [[anos 1990|anos noventa]] e crises financeiras como a de Arxentina a finais de 2001, son presentadas como exemplos do fracaso das "receitas" do Fondo Monetario Internacional, por canto eses países determinaron a súa política económica sobre a base de recomendacións do organismo.
 
=== Análise insuficiente e falta de métodos de supervisión ===
Un equipo de funcionarios do FMI reúnese, xeralmente tódolos anos, con autoridades do goberno e do banco central (sindicatos, asociacións de empresarios, catedráticos, órganos lexislativos e operadores financeiros) de cada un dos países membros a fin de examinar a evolución e a política económica do país. Para realizar a supervisión dos países, un equipo do FMI visita o país, obteñen información económica e financeira e analiza coas autoridades nacionais o acontecido recentemente no plano económico e as políticas monetaria e fiscal, así como as medidas estruturais. Normalmente, os funcionarios preparan unha declaración final que resume o discutido co país membro deixándoo en mans das autoridades quen teñen a opción de publicalo. No plano global, o Directorio Executivo parte en gran medida dos informes elaborados polos funcionarios técnicos sobre as perspectivas da economía mundial e os mercados financeiros. Con todo, un informe independente elaborado por un equipo da ''Oficina de Avaliación Independente do FMI'' '(OIE) para o período (2004-2007), que precedeu á crise económica de 2008 sinalou a incapacidade do FMI de prever a crise durante estes anos.<ref> [http://www.ieo-imf.org/ieo/files/completedevaluations/01102011Crisis_Main_Report_SPANISH.pdf ''Desempeño del FMI durante el período previo a la crisis financiera y económica: La supervisión del FMI entre 2004-07''.] Oficina de Avaliación Independente do FMI. Ruben Lamdany e Nancy Wagner, 10 de xaneiro de 2011 </ref> O informe sinala que durante este período "a mensaxe repetida constantemente era o dun optimismo permanente" e o FMI compartía a idea estendida de que "unha crise grave dos principais países industrializados era pouco probable". Ata os primeiros momentos da crise e mesmo en abril de 2007, "a mensaxe do FMI ... presentaba unha contorna económica internacional favorable". O FMI prestara pouca atención á deterioración dos balances dos sectores financeiros, os posibles vínculos entre a política monetaria e os desequilibrios mundiais e a expansión do crédito. O FMI non vira os principais compoñentes subxacentes da crise en xestación. O presidente ruso [[Vladímir Putin]] tamén destacou este problema, pedindo unha reforma do FMI para que sexa máis rápido na toma de decisións efectivas nunha contorna financeira moi cambiante rapidamente.<ref>http://french.ruvr.ru/2013_06_14/Pour-Poutine-l-efficacite-et-la-transparence-sont-les-facteurs-cles-de-la-croissance-economique-mondiale-9059/</ref>
 
En Estados Unidos, o FMI non analizou a degradación das regras para a concesión de hipotecas, nin o risco desta situación para as institucións financeiras e "mantívose optimista sobre a propensión á titulización para diluír os riscos". En febreiro de 2006, o "Programa de Avaliación do Sector Financeiro" (PESF) que trataba sobre o Reino Unido afirmaba que "as carteiras de préstamos hipotecarios dos bancos non parecen representar unha fonte importante de vulnerabilidade directa". En canto a [[Islandia]], onde o crecemento do sector bancario aumentou do 100&nbsp;% ao 1&nbsp;000&nbsp;% do PIB en 2003, a supervisión do FMI "fallou notoriamente ao non sinalar os perigos dun sistema bancario sobredimensionado". En 2007, os informes do FMI afirmaban que "as perspectivas a medio prazo de Islandia seguen sendo envexables". O FMI saudaba as "innovacións financeiras" e recomendaba a outros países avanzados o uso dos mesmos métodos que os Estados Unidos e o Reino Unido. Neste contexto, o FMI criticaba en 2006 a [[Alemaña]] e a [[Canadá]]. Para este último país, declaraba que "as tímidas estratexias" do sistema bancario de Canadá ofrecían rendementos dos activos moito máis baixos que nos Estados Unidos". Os consellos do FMI a estes países centrábanse especificamente en contra das "barreiras estruturais, algunhas das cales axudaron a protexer a estes países dos factores que desencadearon a crise".<ref>[http://www.ieo-imf.org/ieo/files/completedevaluations/Crisis%20FRE.pdf Rapport dévaluation de l'IEO (Independent Evaluation Office du FMI)]</ref>
== Servizos financeiros do FMI ==
* Os acordos de dereito de xiro forman o núcleo da política de crédito do FMI. Un acordo de dereito de xiro ofrece a seguridade ao país membro de que poderá virar ata unha determinada cantidade, habitualmente durante un período de 12 a 18 meses, para facer fronte a un problema de balanza de pagos a curto prazo.
 
* Servizo ampliado do FMI. O apoio do FMI a un país membro ao amparo do servizo ampliado do FMI ofrece a seguridade de que o país membro poderá virar ata unha determinada cantidade, habitualmente durante un período de tres a catro anos, para axudar a solucionar problemas económicos de tipo estrutural que estean a causar graves deficiencias na balanza de pagos.
 
* Servizo para o crecemento e a loita contra a pobreza (substituíu ao servizo reforzado de axuste estrutural en novembro de 1999). Un servizo no que se cobran taxas de interese baixas para axudar aos países membros máis pobres que enfrontan problemas persistentes de balanza de pagos. O custo que pagan os prestatarios está subvencionado cos recursos obtidos da venda de ouro propiedade do FMI, máis préstamos e doazóns que os países membros conceden ao FMI con ese fin.
 
* Servizo de complementación de reservas. Ofrece aos países membros financiamento adicional a curto prazo se experimentan dificultades excepcionais de balanza de pagos debido a unha perda súbita e ameazadora de confianza do mercado que conduza a unha saída de capital. A taxa de interese para os préstamos en virtude deste servizo leva asociada unha recarga sobre o nivel habitual do crédito do FMI.
 
* Asistencia de emerxencia. Proceso aberto en 1962 para axudar aos países membros a superar os problemas de balanza de pagos debidos a catástrofes naturais repentinas e imprevisibles; o servizo ampliouse en 1995 para ter en conta certas situacións xurdidas nun país membro tras un conflito que alterase a súa capacidade institucional e administrativa.
 
393.002

edicións