Clasificación climática de Köppen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
extender > estender
m →‎Grupo B: Climas secos: Arranxos varios, replaced:

(2),

Liña 51:

== Grupo B: Climas secos ==
Son climas azonais <ref>Quere dicir, poden atoparse en calquera latitude.</ref>. A diferenza dos outros grupos básicos de Köppen a súa clasificación non se debe ás características térmicas, senón que se inclúe nel aqueles climas nos que a [[evapotranspiración]] potencial supera á precipitación <ref>Patton, C. (1978). ''Curso de Geografía Física'', Ed. Vicens - Vives. Para o cálculo da evapotranspiración potencial emprega a fórmula: e = 20t + 490 - 7PPW, onde:
e = necesidade de auga
t = temperatura media anual en °C
PPW: porcentaxe total de precipitación dos seis meses máis fríos.</ref>. Malia que para unha clasificación rigorosa cómpre realizar o cálculo da evapotranspiración, a grandes trazos estes climas concordan cun volume anual de precipitacións inferior a 250 mm. Outra característica importante dos mesmos é a existencia dunha forte oscilación térmica diaria.

Nas zonas tropicais os climas secos son consecuencia das altas presións subtropicais, de orixe dinámica e, por conseguinte, moi estables <ref>Permanecen todo o ano nas fachadas occidentais dos continentes. Un exemplo é o anticiclón das [[Azores]], causante do deserto do [[Sáhara]].</ref>, do efecto dos ventos alisios de procedencia continental e, polo tanto, secos, a barreiras montañosas que crean un efecto de sombra pluviométrica a sotavento como acontece, por exemplo, co [[efecto Föhn]], e ás correntes mariñas frías nas fachadas occidentais dos continentes que diminúen a humidade relativa do aire das terras adxacentes. En zonas mornas existen zonas áridas e semiáridas por degradación das masas de aire marítimo, que se van descando conforme entran no continente, pola disposición orográfica e polo propio mecanismo da circulación xeral atmosférica <ref>Por exemplo, no [[deserto do Gobi]] as altas presións invernais siberianas proporcionan un aire moi frío e seco, mentres que no verán, co ascenso do ''[[jet stream]]'', vese afectada por aire tropical moi cálido que evapora axiña a precipitación que poida achegar.</ref>.