Chocolate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
m Arranxos varios
Liña 37:
Non se coñecen con certeza as orixes da árbore do [[cacao]] (''Theobroma cacao''). Algunhas teorías propoñen que a súa diseminación empezou nas terras tropicais de América do Sur, na conca do [[río Orinoco]] ou do [[río Amazonas]], estendéndose aos poucos ata chegar ao sueste de [[México]]. Outras suscitan que ocorreu o oposto: estendeuse desde o sueste de México ata a conca do río Amazonas. O que se dá por feito é que as primeiras evidencias do seu uso humano atópanse en territorio mexicano, que hai moito tempo foi ocupado por culturas prehispánicas.
 
Nos primeiros tempos o consumo parece ser en forma dunha especie de «[[cervexa]]»; é dicir, unha bebida baseada na [[fermentación|fermentación,]], máis que dos grans do cacao, da polpa do mesmo. Tal «cervexa de chocolate», cuxos restos se achan nas vaixelas cerámicas de Puerto Escondido, tería unha importante función [[rito|ritual]] e moi probablemente utilizábase nas celebracións de matrimonios. Bastante posteriormente, os olmecas, maias e [[mexica]]s (entre outras civilizacións mesoamericanas) comezaron a consumir o chocolate derivado da pasta dos grans aliñada ou aderezada con [[pemento|chile]]. En forma semilíquida e líquida, o chocolate adoitaba ser a bebida preferida das realezas, que o consumían en vasos especiais ([[xícara]]s). Igualmente era considerado (con razón) un alimento tonificante ou enerxizante, que se podía consumir mesturado nunha masa de fariña de [[millo]] mesturada con chiles e mel.
 
De acordo á [[mitoloxía maia]], [[Kukulkán]] deulle o cacao aos maias logo da creación da humanidade, feita de millo (Ixim) pola deusa Xmucané.<ref>(Bogin 1997, Coe 1996, Montejo 1999, Tedlock 1985)</ref> Os maias celebraban un festival anual en abril, para honrar ao deus do cacao, ''[[Ek Chuah]]'', un evento que incluía sacrificios de cans e outros animais con marcas pintadas de chocolate, ofrendas de cacao, plumas, [[incenso]] e intercambio de agasallos.
Liña 192:
Teranse en conta a olfacción directa e a indirecta (por vía [[retrogusto|retronasal]]).
* Análise gustativa
O [[sabor]] debe ser basicamente [[Sabor amargo|amargo]] cun punto de [[acidez]] e de [[sabor doce|dozura]], e despois pode haber toques de [[ananás]], [[bananeira|banana]], [[vainilla]], [[Cinnamomum verum|canela]], [[Crocus sativus|azafrán]] etc.
 
Aínda que para gozar dun verdadeiro chocolate cómpre manipular en esencia semente de cacao con marxes equilibradas de azucre, isto non sucede co chocolate que se coñece comunmente, xa que todo o chocolate se industrializa a modo de separar manteiga e pasta de cacao. Con iso modifícase o sabor e tamén a calidade. Un bo chocolate é aquel que en esencia de ingredientes está feito a base de cacao sen modificar as súas substancias naturais. O chocolate artesanal é un bo exemplo.