Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 73:
 
==== Carreiras fóra do Campionato en Europa ====
Nos primeiros anos da Fórmula Un, antes de que se establecese o campionato mundial, houbo unha veintena de carreiras celebradas desde finais de primavera ata o inicio do outono en Europa, aínda que non todas consideráronse significativas. A maioría dos coches competitivos eran de Italia, especialmente [[Alfa Romeo]]. Despois do inicio do campionato mundial, continuaron estas carreiras fora do campionato. Nas décadas de 1950 e 1960, houbo moitas carreiras de Fórmula Un que non contaron para o Campionato do Mundo, en {{f1 | 1950}} celebráronse un total de 22 carreiras de Fórmula 1, das que só seis contaron para o Campionato Mundial. En 1952 e 1953, cando o campionato mundial disputouse baixo os regulamentos da Fórmula Dous, as carreiras fora de campionato, foron as únicas carreiras de Fórmula Un.
 
Algunhas carreiras, particularmente no Reino Unido, incluíndo a [[Race of Champions (Brands Hatch) | Carreira de Campións]], [[Oulton Park International Gold Cup]] e [[International Trophy]], foron disputadas pola maioría dos aspirantes ao campionato do mundo. Outros eventos menores disputáronse regularmente en circuítos que non formaban parte do campionato, como os Grandes Premio de [[Gran Premio de Siracusa|Siracusa]] e [[Gran Premio de Dinamarca|Dinamarca]], aínda que só atraeron unha pequena cantidade de equipos do campionato e basáronse en participaciónsde pilotos privados e coches de Fórmula inferior para completar a grella. Estes foron menos comúns durante a década de 1970 e 1983 viu a última carreira de Fórmula 1 fora do campionato, a carreira de campións de 1983 en Brands Hatch, gañada polo campión do mundo Keke Rosberg nun Williams-Cosworth nunha estreita loita co estadounidense Danny Sullivan.
 
==== Campionato Surafricano de Fórmula 1 ====