Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 57:
A través do Nilo, no 11º milenio a.C, unha cultura recolledora de gran utilizando o tipo máis antigo de [[fouce]] fora substituída por outra cultura de [[Cinexética|cazadores]], [[pesca]]dores, e [[cazador-recolledor|recolledores]] que utilizaban [[industria lítica|ferramentas de pedra]]. As probas tamén indican ocupación humana e pastoreo no recuncho suroeste de Exipto, preto da fronteira sudanesa, antes do [[IX milenio a. C.|8000]] [[a.C.]] As probas xeolóxicas e os estudos por ordenador de modelos climáticos suxiren que os cambios climáticos naturais dos arredores do 8000 a.C. comezaron a desecar as extensións de terras de pastoreo da África setentrional que posteriormente forman o [[Sahara]] ([[circa|c]].2500 a.C.). Pronto as tribos da rexión naturalmente tenderon a agregarse cerca do río Nilo onde desenvolveron unha economía agrícola sedentaria e unha sociedade máis centralizada. Hai probas de [[pastoreo]] e cultivo de cereais no Sahara oriental o 7º milenio a.C.
[[Ficheiro:Egypte louvre 316.jpg|miniatura|Unha xarra Naqada II típica decorada con [[gacela]]s. (Período predinástico).]]
Ao redor do 6000 a.C., xa aparecera no val do Nilo a [[agricultura]] organizada e a construción de grandes poboados. Ao mesmo tempo, no suroeste dedicábanse á gandería e tamén construían. O [[morteiro de cal]] usábase no [[V milenio a. C.|4000]] [[a.C.]] É o denominado período predinástico, que empeza coa cultura de [[Naqada]], aínda que algúns [[exiptólogo]]s sitúano antes, cara ao [[Paleolítico Inferiorinferior]].
 
=== Período predinástico ===