Aleksandr Dovzhenko: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 43:
Aínda que os seus pais eran analfabetos, o semi-ilustrado avó de Dovzhenko animouno a estudar, chegando a ser mestre aos dezanove anos. Evitou o servizo militar durante a [[Primeira Guerra Mundial]] e a [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]] a causa dunha doenza cardíaca, pero uniuse ao [[Partido Comunista da Unión Soviética|Partido Comunista]] a principios da década de 1920. Mesmo foi axudante do embaixador en [[Varsovia]] e en [[Berlín]]. Cando volveu á URSS en 1923 comezou a ilustrar libros e realizar debuxos en [[Kharkiv]].
 
En 1926 comezou no cinema ao chegar a [[OdesaOdessa]]. A súa ambición fixo posible a produción do seu segundo guión, ''Vasya the Reformer'', que tamén codirixiu. Conseguiu un grande éxito con ''[[Zvenigora]]'' en 1928, que o estableceu con un dos grandes cineastas do seu tempo. A súa "Triloxía de Ucraína" (''[[Zvenigora]]'', ''[[Arsenal (filme)|Arsenal]]'', and ''[[Zemlya]]''), aínda que menosprezada por algúns críticos soviéticos contemporáneos (que atopaban o seu realismo contrarrevolucionario), é o seu traballo máis coñecido en occidente. Polo seu filme ''[[Shchors]]'', Dovzhenko recibiu o [[Premio Stalin]] (1941). Oito anos despois recibiu outro Premio Stalin por ''[[Michurin]]''.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] traballou como xornalista de guerra para o exército soviético. Tras pasar varios anos escribindo, coescribindo e producindo filmes nos [[Mosfilm Studios]] en [[Moscova]], converteuse en novelista. En vinte anos de carreira cinematográfica, Dovzhenko dirixiu persoalmente só sete filmes. Foi o mestre dos novos cineastas soviéticos [[Larisa Shepitko]] e [[Serhiy Paradzhanov]].