Galiza Nova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de André el pescadero (conversa); cambiado á última versión feita por Corribot
Etiqueta: Reversión
m Bot: Substitución da categoría "Partidos políticos nacionalistas galegos" pola categoría "Partidos nacionalistas galegos"; cambios estética
Liña 6:
|líder= [[Alberte Fernández Silva]]
|cor= orange
|logo = [[FileFicheiro:Logo-galiza-nova.png]]
|parlamento =
|fundación = [[1988]]
Liña 18:
'''Galiza Nova''' é a organización xuvenil do [[Bloque Nacionalista Galego]], fundada no ano [[1988]].
 
== Historia ==
 
Galiza Nova é a organización xuvenil do [[Bloque Nacionalista Galego]] ([[BNG]]) que ten como función básica a organización e a mobilización da mocidade de cara a acadar a liberación nacional de Galiza e a transformación da sociedade actual. Trátase dunha organización ampla, plural e democrática que adopta as súas decisións tras un amplo proceso de debate aberto a toda a militancia. O seu funcionamento baséase no asemblearismo, estruturándose en agrupacións locais e comarcais. O máximo órgano é a Asemblea Nacional que se celebra cada dous anos, e á que ten dereito a asistir toda a afiliación.
Liña 26:
Definen como obxectivos políticos a "liberación nacional e a transformación da sociedade (sen explotación nacional, de clase ou xénero e desmilitarizada)", reivindican unha Galiza plenamente soberana como culminación do proceso de autodeterminación nacional. Aspiran a unha sociedade cualitativamente distinta, que supere as inxustizas da actual e onde a igualdade e a democracia sexan reais, así como garantir unha mellora nas condicións de vida e benestar social para a mocidade e para o conxunto dos [[pobo galego|galegos e galegas]]. Tamén defenden que as relacións entre as diferentes nacións do mundo se fundamenten na igualdade e solidariedade internacionalista.
 
== Estrutura interna ==
Galiza Nova é unha organización asemblearista estruturada en agrupacións locais e comarcais. O órgano máximo é a Asemblea Nacional, da que forman parte todas e todos os militantes e que escolle a metade da Dirección Nacional, de dirección entre Asembleas. A outra metade está formada por un representante de cada comarca. A máxima representación da organización osténtaa a Secretaria ou Secretario Xeral.
 
== Correntes ==
Actualmente, en Galiza Nova existen as seguintes correntes, pois non se recoñecen nos estatutos a existencia de organizacións:
* [[Unión da Mocidade Galega]] (UMG), mocidades da [[UPG]] e organización maioritaria
* [[Isca (política)|Isca!]], vinculada ao Movemento Galego ao Socialismo, segunda formación en importancia desde a última Asemblea Nacional
 
=== Secretaría xeral ===
* [[Catuxo Álvarez]] ([[1988]]-[[1990]])
* [[Manuel Antelo]] (1990-[[1992]])
* [[Bieito Lobeira]] (1992-[[1996]])
* [[Martiño Santos]] (1996-[[2000]])
* [[Rubén Cela]] (2000-[[2004]])
* [[Xosé Emilio Vicente]] (2004-[[2007]])
* [[Iria Aboi]] (2007-[[2012]])
* [[Alberte Mera García]] (2012-[[2016]])
* [[Alberte Fernández Silva]] (2016-)
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galizanova.gal Web oficial de Galiza Nova]
 
{{Nacionalismo galego}}
Liña 54:
 
[[Categoría:BNG]]
[[Categoría:Partidos políticos nacionalistas galegos]]