Coalición Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
m Bot: Substitución da categoría "Partidos políticos nacionalistas galegos" pola categoría "Partidos nacionalistas galegos"; cambios estética
Liña 35:
As diferenzas entre os dous sectores agudízanse a fins de 1986, mesmo votando no Parlamento por separado os orzamentos, o [[16 de setembro]] Coalición Galega quedou con 6 escanos ao pasar os outros 5 deputados ao grupo mixto. En xaneiro de [[1987]], eses deputados que representaban os sectores máis nacionalistas e progresistas de Coalición Galega, dirixidos por Pablo González Mariñas e [[Xosé Henrique Rodríguez Peña]], forman o [[Partido Nacionalista Galego]]. Neste novo partido confluirá o que quedaba do PG e dará lugar ao PNG-PG.<ref>Beramendi, J. e Núñez Seixas, Xosé Manuel, ''O Nacionalismo Galego'', Ed. A Nosa Terra, Vigo 1995, pax. 276</ref>.
 
Para concorrer ás [[Eleccións Municipais 1987 en Galicia|eleccións municipais de 1987]] CG forma a [[Coalición Progresista Galega]] xunto ao [[Partido Demócrata Popular]] de [[Enrique Marfany]] e o [[Partido Liberal (España 1977)|Partido Liberal]] de [[José María Pardo Montero]], conseguindo o 11.07% dos votos e 607 concelleiros. Coalición Progresista Galega resultaba ser a terceira forza política de Galicia, moi por riba dos seus inmediatos seguidores: O CDS con 274 concelleiros e o BNG con 143.
 
== Tripartito: a experiencia de Goberno ==
Trala marcha de [[Xosé Luís Barreiro]] do [[Partido Popular de Galicia]] en setembro de [[1987]] e a súa integración con outros catro deputados por AP, en Coalición Galega, esta entrou no goberno tripartito (PSOE, CG e PNG) dirixido por [[Fernando González Laxe]], froito dunha moción de censura a Albor acordada no chamado "Pacto dos Tilos". Barreiro era novamente o vicepresidente da Xunta e facíase co control de Coalición Galega. As Consellarías de Sanidade ([[Pablo Padín]]), Educación ([[Suárez Vence]]) e Industria ([[Santos Oujo]]) eran tamén para Coalición Galega.<ref>Xosé de Cora, Barreiro contra Barreiro, Edicións Xerais, Vigo 1990, pax. 318</ref> Notables desta formación como [[Fernando García Agudín]] abandonaban o proxecto.
 
Froito desa experiencia de Goberno foi a creación das Universidades de Vigo e A Coruña.
Liña 62:
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Partidos políticos nacionalistas galegos]]