Diferenzas entre revisións de «Asemblea Nacional-Popular Galega»

m
Bot: Substitución da categoría "Partidos políticos nacionalistas galegos" pola categoría "Partidos nacionalistas galegos"; cambios estética
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (4))
m (Bot: Substitución da categoría "Partidos políticos nacionalistas galegos" pola categoría "Partidos nacionalistas galegos"; cambios estética)
A '''Asemblea Nacional-Popular Galega''' ('''AN-PG''') foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en [[1975]].
 
== Traxectoria ==
Os seus principios eran a [[autodeterminación]], o [[autogoberno]], o [[anticolonialismo]], a [[democracia]] e o protagonismo das forzas políticas propias de [[Galiza]] e tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisional tras conseguir o poder. A AN-PG tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era quen convocaba as manifestacións do [[25 de xullo]]. Celebrou o seu I Plenario en abril de [[1976]] que acabou coa escisión dun sector que consideraba á AN-PG excesivamente ligada á [[UPG]], ese sector constituíu a [[Asemblea Popular Galega]]. No III Plenario celebrado en outubro de [[1977]] aprobou os seus estatutos nos que se definía como organización interclasista e apartidaria dirixida por unha secretaría colexida, na que [[Lois Diéguez]] exercía como portavoz. Logo das [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|eleccións municipais de 1979]] a AN-PG sufriu unha reestruturación para propiciar unha maior coordinación entre os seus concelleiros, creándose asembleas locais. En [[1981]] sufriu unha importante crise interna que marcou a celebración do V Plenario en marzo de 1982 e que levou á saída da organización de dous membros da Dirección Nacional e un grupo de 50 militantes, finalmente neste último plenario da organización chamouse a unha reformulación do modelo organizativo. O periplo vital da AN-PG rematou en [[1982]], dando paso á formación do [[Bloque Nacionalista Galego]] (BNG).
 
A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que [[Galicia]] era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais. A súa Frente Cultural constituíu unha das seccións máis activas da AN-PG, nela estaban xente como [[Darío Xohán Cabana]], [[Manuel María]], [[Millán Picouto|Emiliano Picouto]] ou [[Xesús Vázquez]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita enciclopedia |artigo=Asamblea Nacional-Popular Galega |enciclopedia=[[Diciopedia do século 21]] |volume=1 |páxina=211 |ano=2006 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Ediciós do Castro|do Castro]] |isbn=978-84-8288-942-9}}
* [[Manuel Anxo Fernández Baz]], ''A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984)'', Laiovento, 2003.
 
{{Nacionalismo galego}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Partidos políticos nacionalistas galegos]]
393.002

edicións