Juan Antonio San Epifanio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
m →‎A súa retirada: Comité Olímpico Internacional
Liña 59:
Retirouse definitivamente ao final da tempada 1994-95. O seu último partido oficial foi o quinto enfrontamento entre FC Barcelona e [[CB Málaga|Unicaja]] na serie final dos playoff ao título da liga ACB, disputado o 25 de maio de 1995: gañou o Barça (73-64), co que se adxudicou o título de campión. Epi xogou só os últimos 26 segundos, pero foron suficientes para anotar os dous últimos puntos do partido: dous tiros libres co público do [[Palau Blaugrana]] posto en pé. Ao finalizar o partido, Epi foi paseado aos ombreiros polos seus compañeiros e dende o centro da pista confirmou, micrófono en man, que aquel fora o seu último partido como xogador profesional.
 
Unha vez confirmada a súa retirada como xogador, o FC Barcelona ofreceulle un cargo na organigrama da sección de basket, pero rexeitouno "porque non era un cargo de máxima responsabilidade". O [[26 de decembro]] de [[1995]] recibiu unha multitudinaria homenaxe no [[Palau Blaugrana]]. O Barça enfrontouse á Selección Europea de baloncesto e entre os diversos actos levados a cabo nos prolegómenos do partido, o club azulgrana procedeu á retirada oficial da súa camiseta co dorsal número 15. Así mesmo, o presidente do [[Comité Olímpico Internacional|COI]], [[Juan Antonio Samaranch]], impúxolle a Orde do Mérito Olímpico. Epi xogou o primeiros cinco minutos e fallou os dous únicos tiros que tentou. Antes de facelo, ao dirixirse por megafonía aos afeccionados que acudiran ao encontro, dixo: "Levo sete meses sen xogar, perdoádeme se fago o ridículo". Unha vez retirado da práctica deportiva, seguiu ligado ao baloncesto como comentarista televisivo.
 
== Véxase tamén ==