Giorgio Agamben: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24:
== Homo sacer ==
 
Entre as súas obras destaca [[''Homo Sacer'']]. Homo Sacer, enuncia unha filosofía política na que estuda as relacións entre o dereito, poder soberano e as expresións cívico-sociales deste último. Crítico da sociedade contemporánea, que analiza desde un enfoque que rompe cos paradigmas constitucionalistas do [[Estado de dereito]], o seu pensamento da continuidade ás formulacións de [[BanjaminBenjamin]] e [[Foucault]], dous autores centrais no discurso argumental, no que fai unha descrición dramática do cidadán desposuido, diminuido a unha condición política vexetativa, onde as expresións de participación política foron esterilizadas.
Retoma a distinción aristotélica entre ''zoe'' e ''bios'', conceptos descritivos da vida espida de atributos e vida digna, advirte como na sociedade contemporánea, onde abundan os grupos humanos baixo mínimos (emigrantes, refuxiados, deportados, etcétera) redescúbrese o homo sacer, a vida espida, a realidade biolóxica desprovista de toda condición cívica... Unha proxeción da biopolítica enunciada por Foucault, como forma degradada da democracia política e expresión do poder sobre un conxunto social no tanto de ciudadáns como de seres vivos.
A crítica e o pesimismo de Agamben chegan a establecer unha liña de continuidade entre as formas políticas dictatoriais como o nazismo e o fascismo cos modelos democráticos occidentais dos nosos días, onde os dispositivos de poder, nos que mete aos medios de comunicación, absorben, modelan e xestionan a soberanía. O denominador común, antes e agora, é a capacidade de reducir a condición humana a vida núa e impoñer estados de excepción, esto é, atribuir ou desatribuir a condición cívica, gradualizala e redefinirla, con casos límite como o dos prisioneiros da base norteamericana de Guantánamo, sinala Agamben. As formas totalitarias que se esconden baixo a pel da democracia coñecen modalidades onde o Estado de dereito prescinde do dereito e xustifica os estados de excepción como mecanismos de defensa da democracia. É o que Agamben, que pon como exemplo a política presidencial de [[George Bush]], denomina “guerra civil legal”.