Sitio CpG: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 49:
As illas CpG caracterízanse por un contido de dinucleótidos CpG de polo menos o 60% do que se esperaría estatisticamente (~4–6%), mentres que o resto do xenoma ten unha frecuencia de CpG moi inferior (~1%), un fenómeno chamado [[supresión CG]]. A diferenza dos sitios CpG na [[rexión codificante]] dun xene, na maioría dos exemplos de sitios CpG en illas CpG os promotores non están metilados se son xenes que se expresan. Esta observación levou a especular que a [[metilación]] dos sitios CpG no promotor dun xene pode inhibir a [[expresión xénica]]. A metilación, xunto coas modificacións de [[histona]]s, son fundamentais na [[impronta xenética]].<ref name="Feil2007">{{cite journal |vauthors=Feil R, Berger F |title=Convergent evolution of genomic imprinting in plants and mammals |journal=Trends Genet |volume=23 |issue=4 |pages=192–199 |year=2007 |pmid=17316885 |doi=10.1016/j.tig.2007.02.004}}</ref> A maioría das diferenzas de metilación entre tecidos ou entre mostras normais e cancerosas de tecidos, aparecen a unha curta distancia das illas CpG (nas chamadas "costas das illas CpG") en vez de nas illas propiamente ditas.<ref>{{cite journal | vauthors=Irizarry RA, Ladd-Acosta C, Wen B, Wu Z, Montano C, Onyango P, Cui H, Gabo K, Rongione M, Webster M, Ji H, Potash JB, Sabunciyan S, Feinberg AP | title=The human colon cancer methylome shows similar hypo- and hypermethylation at conserved tissue-specific CpG island shores | journal=[[Nature Genetics]] | volume=41 | issue=2 | year=2009 | pages=178–186 | id= | pmid=19151715 | pmc=2729128 | doi=10.1038/ng.298}}</ref>
 
As illas CpG adoitan aparecer en ou preto do sitio de inicio de transcrición dos xenes, especialmente os [[xene de mantemento|xenes de mantemento]] (''housekeeping genes''), en vertebrados.<ref name="Saxonov2006"/> Unha base C (citosina) seguida inmediatamente dunha base G (guanina), é dicir un CpG, é rara no ADN de vertebrados porque as citosinas en dita disposición adoitan estar metiladas. Esta metilación axuda a distinguir a febra de ADN de nova síntese da febra parental, o que facilita as fases finais da [[corrección de probas (bioloxía)|corrección de probas]] do ADN despois da duplicación. Porén, co tempo as citosinas metiladas tenden a transformase en [[timina]]s debido á [[desaminación]] espontánea. Existe un [[enzima]] especial en humanos, a [[timina-ADN glicosilase]] ou TDG, que substitue especificamente as T desituadas en discordancias T/G. Porén, debido á rareza dos CpGs, teorízase que non é dabondo efectivo para impedir unha posible mutación rápida dos dinucleótidos. A existencia de illas CpG explícase xeralmente pol existencia de forzas selectivas de contido CpG relativamente alto ou baixos niveis de metilación nesa área xenómica, o que qizaisquizais ten que ver coa [[regulación da expresión xénica]]. Recentemente, un estudo mostrou que maioría das illas CpG son o resultado de forzas non selectivas.<ref name="Tanay2011">{{cite journal |vauthors= Cohen N, Kenigsberg E, Tanay A|title=Primate CpG Islands Are Maintained by Heterogeneous Evolutionary Regimes Involving Minimal Selection |journal=Cell |volume=145 |issue=5 |pages=773–786 |year=2011 |pmid=21620139 |doi=10.1016/j.cell.2011.04.024}}</ref>
 
== Metilación, silenciamento, cancro e envellecemento ==