Gravidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Gravidade artificial: *despegue > engalaxe
Etiqueta: edición de código 2017
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Historia: arranxo para cadrar signos
Liña 71:
Newton non foi o único en facer contribucións significativas para a comprensión da gravidade. Antes del, [[Galileo Galilei]] corrixiu unha noción común, obtida do mesmo [[Aristóteles]], de que obxectos de masas diferentes caen con velocidades diferentes. Para Aristóteles, simplemente sentira que os obxectos de masa diferentes caesen en tempos diferentes da mesma altura e iso era dabondo para el. Galileo, porén, tentou de feito lanzar obxectos de diferentes masa asemade, da mesma altura. Desprezando as diferenzas debido ao arrastre do ar, Galileo observou que todas as masas aceleran por igual. Usando a Segunda Lei de Newton, <math>F = m a</math>, énos claro o porqué:
 
:<math>F = -{G m_1n_2m_1m_2 \over r^2} = m_1a_1</math>
 
Esta ecuación di que unha masa <math>m_1</math> [[aceleración|acelerarase]] cara á masa <math>m_2</math> cunha aceleración <math>a_1</math> baixo a forza da gravidade, maise dividindo ambos os lados da ecuación por <math>m_1</math> obtemos:
 
:<math>a_1 = -{G m_2 \over r^2}</math>
 
En ningures na ecuación previa aparece a masa do corpo. Cando tratamos con obxectos preto da superficie do planeta, o troco en ''r'' dividido polo ''r'' inicial é tan pequeno que a aceleración da gravidade aparece perfectamente constante. A aceleración da gravidade na [[Terra]] chámase normalmente ''g'', cun valor de 9,8&nbsp;m/s². Galileo non tiña as ecuacións de Newton, e no entanto, a súa apreciación da proporcionalidade da gravidade coa masa foi valiosísima e, posiblemente influíu incluso na formulación de Newton de como traballa a gravidade.