Guerra civil rusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Besarabia: Odessa
Liña 79:
 
O tratado de paz sen condicións de Brest-Litowsk firmado por Lenín serviu para aliviar a presión dos ataques alemáns e austríacos pero empeorou as relacións cos estados que formaba a [[Entente]] que, xa antes da fin da Primeira Guerra Mundial, comezaron a enviar soldados a territorio ruso para evitar a posible colaboración soviético-alemá.
O primeiro continxente británico, duns 600 homes, desembarcou en xuño de 1918 no porto de [[Múrmansk]], no océano ártico. O porto , afastado do centros neurálxicos de Rusia foi tomado, máis non se seguiron outras operacións. O seguinte paso foi o desembarco en [[OdesaOdessa]] dun exército franco-grego de 1.000 homes, apoiado por unidades da mariña francesa. Estas tropas retiráronse perante o avance dos Brancos e o 7 de abril de 1919 xa non quedaban tropas da Entente en Ucraína.
A seguinte operación foi en agosto cando 600 soldados franceses e británicos, reforzados despois por 5.000 máis dos Estados Unidos, entraron en [[Arkhangelsk]], para evitar que os depósitos de armas da cidade caeran en mans alemás ou soviéticas. Algúns políticos americanos apoiaron a intervención por sentirse obrigados a axudar a Lexión checa, que, de feito, se atopaba moi lonxe da zona. As tropas expedicionarias avanzaron uns centos de quilómetros. Despois dun ano de loitas esporádicas con unidades do Exército Vermello non se chegou a ningunha situación de vantaxe estratéxica clara. As tropas estranxeiras abandonaron a zona en xullo de 1919.
A ocupación estranxeira de máis duración foia de Vladivostok, o porto ruso no Pacífico máis importante. A ocupación iniciarana en abril de 1918 tropas xaponesas e británicas, ás que seguiu un corpo expedicionario de 8.000 soldados estadounidenses. Vladivostok debía servir de punto de apoio para es tropas de Kolchak, que pola súa postura contaría ós alemáns era considerado pola Entente como o lexitimo gobernante de Rusia. As tropas ocupantes permaneceron nesa zona ata e derrota final dos contra-revolucionarios, sendo reforzados por 70.000 soldados xaponeses que non chegaron a entrar en combate. Vladivostok non foi recuperada polos soviéticos ata 1922.