Pedro Fernández de Andrade II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios + cda
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *posuir
Liña 33:
}}
 
'''Pedro Fernández de Andrade II''' foi o cuarto Señor de [[Pontedeume]], [[Ferrol]] e [[Vilalba]]. Herdou os señoríos do seu pai [[Nuno Freire de Andrade, o Mao]] por ser o primoxénito dos dous fillos que este deixou. O seu outro fillo, [[Fernán Pérez de Andrade, O Mozo|Fernán Pérez de Andrade]], chamado o Mozo, chegaría tamén a posuirposuír os señoríos dos Andrade.
 
==Legados e doazóns==
Pouco se sabe deste [[Casa de Andrade|Señor de Andrade]]. Polo seu testamento, datado en [[1435]], sabemos que legou ao [[Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro|mosteiro de Montefaro]] unha finca chamada dos ''Queimados''.
 
Así mesmo establecera algunhas fundacións con varias cargas piadosas no [[mosteiro de Monfero]], onde recibiría sepultura.
Liña 54:
 
===Pedro Padrón===
Foi [[Pedro Padrón]] procurador do Concello da vila de Ferrol, que fora nomeado polos seus veciños para protestar perante o rei Xoán II polas continuas aldraxes ás que os tiña sometidos o señor de Andrade. Con tal intención presentouse Pedro Padrón en [[Zamora]] o 18 de xaneiro de [[1432]], onde estaba daquela Xoán II, o cal non o quixo recibir. Trantando de evitar que a súa viaxe non fose estéril, solicitou a presenza dun escribano e un notario para que recollesen por escrito as súas protestas e demandas. Neste escrito de protesta invocaba ata cinco foros de reis anteriores onde se recoñecían ou ratificaban á vila de Ferrol unha serie de dereitos como o de gobernarensegobernárense por si mesmos, polo cal reclamaban a nulidade do nomeamento dos señores de Andrade como señores de Ferrol.
 
Algún efecto debeu ter esta protesta xa que non se confirmou a Pedro Fernández de Andrade no señorío da terra ferrolá, se ben os seus descendentes recuperaríannorecuperaríano. Así en 1440, nun foro outorgado polos frades de Montefaro, Fernán Pérez de Andrade, o Mozo, asina como titor da súa sobriña dona María de Andrade, ''señora das vilas de Pontedeume, Ferrol e Vilalba''. E o 9 de xullo de [[1442]], xa morta María de Andrade, o rei Xoán II confirmaría a Fernán Pérez o Mozo no señorío de Ferrol.
 
==Véxase tamén==