Enrique Tierno Galván: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 83.165.69.44 (conversa); cambiado á última versión feita por Chairego apc
Etiqueta: Reversión
Xanetas (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 2:
{{Biografía}}
 
'''Enrique Tierno Galván''', nado en [[Madrid]] o [[8 de febreiro]] de [[1918]] e falecido na mesma cidade o [[19 de xaneiro]] de [[1986]], foi un [[Política|político]], [[Socioloxía|sociólogo]] e [[Ensaio (literatura)|ensaísta]] [[España|español.]], alcalde de [[Madrid]] entre [[1979]] e [[1986]].

Doutor en Dereito, Doutor en Filosofía e Letras, Catedrático de Dereito Político dende [[1948]] ata [[1953]] na [[Universidade de Murcia]], e dende [[1953]] ata [[1965]] na [[Universidade de Salamanca]].
 
== Biografía ==
Liña 9 ⟶ 11:
Foi procesado en [[1957]] polas súas actividades políticas. En agosto de [[1965]] foi expulsado da universidade por apoiar as protestas estudantís en contra da ditadura franquista, xunto cos profesores universitarios [[José Luis López Aranguren]] e [[Agustín García Calvo]]. En [[1966]] trasládase aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] onde foi profesor na [[Universidade de Princeton]] ([[1966]]-[[1967]]). Afiliado ó [[PSOE]] (Partido Socialista Obrero Español) na clandestinidade, e expulsado despois por diferenzas doutrinais, ó volver a [[España]], en [[1968]], funda o [[Partido Socialista del Interior]] (PSI), que posteriormente, en [[1974]], pasou a chamarse [[Partido Socialista Popular (España)|Partido Socialista Popular]] (PSP). Ese mesmo ano, xunto ó [[Partido Comunista de España]] (PCE), o [[Partido del Trabajo de España]] (PTE), o [[Partido Carlista (1970)|Partido Carlista]] (PC) e numerosas personalidades independentes, formaría a [[Xunta Democrática de España]] (XDE).
 
Morto [[Francisco Franco]] en [[1975]], ó ano seguinte foi reposto na súa cátedra. Nas primeiras eleccións democráticas, o [[15 de xuño]] de [[1977]], obtivo a acta de deputado por [[Madrid]], nas listas do PSP (o PSP obtivo en ditas eleccións seis deputados), pero rematou por integrar o seu partido no PSOE, do que foi elixido presidente de honra (abril de [[1978]]). Nas primeiras eleccións municipais da democracia (abril de [[1979]]) preséntase á alcaldía de [[Madrid]]. Aínda que o seu partido non é o máis votado (foi a [[UCD]]), unha coalición co PCE dálle a alcaldía. É reelixido, tamén co apoio do PCE nas eleccións de maio de [[1983]]. Permaneceu no cargo ata o seu pasamento en xaneiro de [[1986]]. Durante os case que sete anos de mandato, levou a fin importantes reformas, alcanzando unha grande popularidade. Escribiu un interesante libro de memorias, ''Cabos sueltos'' (1981), nunha prosa culta e irónica excelente. Porén, os seus adversarios acusárono de desfigurar a súa propia traxectoria.
 
Aínda así, gañou o agarimo dos madrileños cos seus humorísticos e ben escritos Bandos municipais e con iniciativas que coidaban os detalles pequenos como devolver os parrulos ó [[río Manzanares]] e as flores ós parques públicos, incluso entre a xente nova, ó apoiar a chamada [[Movida madrileña]]. O seu enterro, o día [[21 de xaneiro]], converteuse nunha das concentracións máis numerosas ocorridas na capital de [[España]].