Diferenzas entre revisións de «Sucre»

sen resumo de edición
|sitio web = [http://www.sucre.bo/ Páxina Oficial de Sucre]
}}
'''Sucre''' é a [[capital]] constitucional da República de [[Bolivia]] e do [[departamento de Chuquisaca]]. Está situada no sur da parte central do país a unha altitude media de 2 780 msnm. A súa poboación atinxe 265 336 habitantes (2008).<ref name="Bolivia Ciudad proy 2005-2010">[http://www.ine.gov.bo/cgi-bin/BDCuadros/pc20422.XLS Instituto Nacional de Estadística, Bolivia – Población total proyectada, por año calendario, según ciudades de 10.000 habitantes y más, 2005-2010. ('''excelfil''')] {{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref>.
 
== Historia ==
A cidade foi fundada en [[1539]] polo capitán e conquistador [[Pedro de Anzures]], marqués de Campo Redondo, co o nome '''Charcas''', en referencia ao pobo dos [[charkas]] que vivían na rexión. Ao longo da súa historia recibiu outros nomes, como La Plata ou Chuquisaca. Foi no século XVIII cando recibiu o nome de '''La Plata''', pola súa localización no Virreinato de La Plata, que en boa medida estaba delimitado xeograficamente polo conca do [[río da Prata]], actualementeactualmente na Arxentina.
No ano [[1561]], o rei [[Filipe II de España|Filipe II]] estabeleceu na cidade a '''Audiencia de Charcas''', con autoridade sobre un extenso territorio que comprendía o que actualmente corresponde ao [[Paraguai]], o sueste do Perú, o norte de [[Chile]], o norte da [[Arxentina]] e unha boa parte de Bolivia. En [[1609]], Charcas pasou a ser sede dun [[arcebispado]] e en [[1624]] foi creada na cidade a [[Universidade de San Francisco Xavier]].
Durante o século XVIII, Charcas, agora dita La Plata, é o centro xudicial, relixioso e cultural da rexión. Cando en [[1839]], a cidade se converte na capital de Bolivia, é rebautizada, con o nome de Sucre en honra do marechal [[Antonio José de Sucre]], camarada de armas do libertador [[Simón Bolívar]] na loita pola independencia de [[Bolivia]], [[Colombia]], [[Ecuador]], [[Perú]] e [[Venezuela]]. Unha vez perdido o seu principal recurso económico, a prata, logo da decadencia de Potosí, a capitalidade do país foi transferida para [[La Paz, Bolivia|La Paz]], despois dunha guerra civil ([[1898]]), perdida polos "conservadores" sucrenses fronte os "libérais" paceños. Con todo Sucre manteu o seu status de capital nacional como sede do poder xudicial.
 
[[Ficheiro:Plaza de Armas de Sucre Décembre 2007 - Panorama Équirectangulaire.jpg|miniatura|dereita|Plaza de Armas da cidade, en torno ao monumento a Antonio José de Sucre]]
 
En [[1991]], Sucre é declarada [[Patrimonio da Humanidade]] pola UNESCO. Miles de turistas acoden anualmente a visitar esta capital da [[Barroco|arte barroca]] con brancos edificios que remontan aos séculos XVII, XVIII e XIX.
}}
 
A disposición urbana da cidade é de plano hipodámico, como moitas das cidades coloniais hsipanoamericanashispanoamericanas. Ten un rico patrimonio artístico e cultural.
 
=== Museos ===
199.415

edicións