Peter Paul Rubens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ennoblecer > ennobrecer
Liña 37:
Os Países Baixos estaban baixo o [[Imperio español|dominio español]], polo matrimonio de [[Filipe I de Castela|Filipe o Fermoso]] con [[Xoana I de Castela]] e máis tarde polos seus herdeiros, [[Carlos I de España|Carlos V]] e, despois da súa [[abdicación]] en [[1555]], por [[Filipe II de España|Filipe II]]. Nin o pobo nin parte da [[aristocracia]] con [[Guillerme I de Orange-Nassau|Guillerme de Orange]] á fronte, soportaban a ditadura de Felipe II, feito que levou a que o [[15 de abril]] de [[1566]] presentaran á gobernadora xeral [[Margarida de Austria e Parma|Margarida de Parma]], media irmá de Filipe II, unha petición coñecida como o "[[Compromiso de Breda]] ou "Compromiso dos Nobres", cuxo obxectivo era a supresión da [[Inquisición]] e a restauración de liberdades. Os [[calvinistas]], en particular, destruíron [[Igrexa (arquitectura)|igrexas]], profanaron imaxes (''[[Beeldenstorm]]'') e incendiaron vilas. Margarida de Parma pediu axuda ó Rei Filipe II de España, que enviou ó III [[duque de Alba]], [[Fernando Álvarez de Toledo e Pimentel]], que tras unhas batallas e represións feroces, fixo volver a paz, e os calvinistas fuxiron a [[Alemaña]].
 
Dez das [[Dezasete Provincias]] dos Países Baixos permaneceron baixo o dominio do Rei de España, ata que en [[1714]], polo [[Tratado de Utrecht]], foron cedidas a [[Austria]]. A causa do enfoque artístico non iconoclasta dos católicos, os seus artistas traballaron e atoparon ós seus [[Mecenado|mecenas]] entre a [[monarquía]] e a [[Nobreza|realeza española]], que influíron nas obras que realizaron especialmente de temas relixiosos e de batallas, así como retratos. A escola flamenga de pintura adquiriu unha forte consolidación: no sur dos Países Baixos, a [[Igrexa católica]] potenciou as maiores representacións do seu triunfo como relixión e este triunfo tivo ó seu maior intérprete en Rubens, que foi un arraigado crente católico.<ref>Micheletti, Emma (1966) p.6</ref>
 
== Traxectoria ==