Peer-to-peer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5096533 de Daniavila2703 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 7:
En xeral, unha rede informática entre iguais (en inglés ''peer-to-peer'' e máis coñecida como P2P) refírese a unha rede que non ten [[cliente]]s e [[servidor]]<nowiki/>es fixos, senón unha serie de [[Nodo (informática)|nodo]]s que se comportan á vez como clientes e como servidores dos demais nodos da rede. Este modelo de rede contrasta co modelo [[cliente-servidor]]. Calquera nodo pode iniciar ou completar unha transacción compatíbel. Os nodos poden diferir en configuración local, velocidade de proceso, [[ancho de banda]] da súa conexión á rede e capacidade de almacenamento.
 
Debido a que a maioría dos ordenadores persoais non teñen un [[IP]] fixo, senón que llo asigna o provedor ([[ISP]]) no momento de conectarse a [[Internet]], non poden conectarse entre si porque non saben a priori os enderezos que han usar. A solución habitual é realizar unha conexión a un [[servidor]] (ou servidores) con enderezo coñecido (normalmente IP fixo), que se encarga de manter a relación de enderezos IP dos clientes da rede, dos demais servidores e habitualmente información adicional, como un índice da información de que dispoñen os [[clientes]]. Tras isto, os clientes xa teñen información sobre o resto da rede, e poden intercambiar información entre si, xa sen intervención dos servidores.
 
== Aplicación ==