André Vesalio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Católica
Liña 9:
André serviu tamén a Maximiliano, como [[boticario]], e despois ao seu neto [[Carlos I de España|Carlos V]] como ''valet de chambre''.
 
En [[1528]] Vesalio ingresou na [[Universidade Católica de Lovaina]] (''Pedagogium Castrensis'') como estudante de [[arte]]s, pero cando o seu pai foi nomeado ''valet de chambre'', en [[1532]], preferiu seguir estudos de [[medicina]] na universidade de [[París]], cidade á que se trasladou en [[1533]]. Alí estudou as teorías de Galeno baixo a dirección de [[Jacques Dubois]] (Jacobus Sylvius) e de [[Jean Fernel]]. Foi nesta época cando empezou a interesarse pola anatomía. Para mellorar os seus coñecementos sobre [[osteoloxía]] províase de ósos no ''Cemiterio dos Inocentes''.
 
Viuse obrigado a abandonar París en [[1536]] a causa da guerra entre [[Francia]] e o Sacro Imperio, regresando a Lovaina. Alí completou os seus estudos baixo a dirección de [[Johannes Winter von Andernach]], graduándose ao ano seguinte. A súa tese, ''Paraphrasis in nonum librum Rhazae medici arabis clariss ad regem Almansorum de affectum singularum corporis partium curatione'', foi un comentario sobre o libro noveno de [[Rhazes]], un médico árabe do [[século X]]. Permaneceu en Lovaina pouco tempo, a causa dunha disputa co seu mestre, instalándose durante un tempo en [[Venecia]] e, en [[1536]], trasladouse á universidade de [[Padua]] (''Universitas aristarum''), onde se doutorou en [[1537]].