Premios María Casares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
2019
Liña 2:
Os '''Premios María Casares''' son uns galardóns entregados anualmente pola [[Asociación de actores e actrices de Galicia]] que destacan os mellores espectáculos, actores e actrices e profesionais técnicos da temporada teatral anterior. Concedéronse por vez primeira no ano [[1997]] e reciben o nome de [[María Casares]] debido á que foi a actriz galega con máis éxito internacional de sempre<ref>{{Cita web|url=http://www.aaag.gal/mariacasares/info/por-que-maria-casares|páxina-web=AAAG|título=Por que María Casares?|data-acceso=09/03/2018}}</ref>. Os gañadores son decididos por todas as persoas asociadas mediante votación electrónica.
 
A gala de entrega realízase no [[teatro Rosalía de Castro]], na Coruña, en datas próximas ao Día Mundial do Teatro (27 de marzo). Os patrocinadores habituais son o Concello e a [[Deputación da Coruña]], a [[AGADIC]], a Fundación AISGE, a [[SGAE]] e nos últimos anos contou coa colaboración do Padroado da Cultura do Concello de [[Narón]], do [[Centro Dramático Galego]] e de [[Gadisa|Gadis]]<ref>{{Cita web|url=http://www.aaag.gal/mariacasares/info/os-premios|páxina-web=AAAG|título=Os premios|data-acceso=09/03/2018}}</ref>. Ademais, é emitida a través da primeira canle da [[Televisión de Galicia]] e das redes sociais, menos na edición de 2019 que foi transmitida exclusivamente a través da plataforma [[YouTube]].<ref>{{Cita web|título=A TVG non retransmitirá a gala dos Premios María Casares|url=https://erreguete.gal/2019/03/13/tvg-non-retransmitira-gala-dos-premios-maria-casares/|páxina-web=Erregueté|data=2019-03-13|data-acceso=2019-03-21|lingua=gl-ES|apelidos=erregueté}}</ref>
 
A mecánica é a habitual deste tipo de entregas, aínda que con varias peculiaridades. Unha delas é que o obxecto entregado a cada a cada gañadora é unha cunca coa cara de María Casares. Outra é que a escenografía, ḿúsica e guión de cada edición son encargadas a unha compañía teatral distinta, realizando representacións entre as entregas e agradecementos. A edición de 2010 foi conducida por Voadora, a de 2014 por Ibuprofeno Teatro<ref>{{Cita web|url=http://www.aaag.gal/mariacasares/novas/112/a-gala-dos-maria-casares-transformarase-nun-furancho-ideado-por-ibuprofeno-teatro|páxina-web=www.aaag.gal|título=A gala dos María Casares transformarase nun furancho ideado por...|data-acceso=2018-03-09|lingua=gl}}</ref>, a de 2015 por Elefante Elegante<ref>{{Cita web|url=http://www.aaag.gal/mariacasares/novas/123/a-compania-elefante-elegante-conducira-a-gala-de-entrega-dos-xix-premios-maria-casares|páxina-web=www.aaag.gal|título=A compañía Elefante Elegante conducirá a gala de entrega dos...|data-acceso=2018-03-09|lingua=gl}}</ref>, a de 2016 por [[Chévere]]<ref>{{Cita web|url=http://www.aaag.gal/mariacasares/novas/183/chevere-conducira-gala-xx-premios-maria-casares|páxina-web=www.aaag.gal|título=Chévere conducirá a gala dos XX Premios de Teatro María Casares|data-acceso=2018-03-09|lingua=gl}}</ref> e a de 2018 por Talía Teatro<ref>{{Cita web|url=http://www.aaag.gal/mariacasares/novas/286/talia-teatro-gala-xxii-maria-casares|páxina-web=www.aaag.gal|título=Talía Teatro conducirá a gala dos XXII Premios María Casares|data-acceso=2018-03-09|lingua=gl}}</ref>.