Diferenzas entre revisións de «Tecido cartilaxinoso»

[[Ficheiro:Illu synovial joint.es.png|miniatura|300px|Articulación sinovial cun menisco]]
Existen tres variedades de tecido cartilaxinoso segundo o seu contido en fibras e as características destas:
* Hialino: de aspecto abrancazado ou azulento. Presenta pericondrio e os condrocitos reunidos en grupos. O coláxeno é de tipo II. É o máis abundante e atópase na [[larinxe]], na [[Traquea (vertebrados)|traquea]], nos [[bronquio]]s, nas [[costela]]s ou nos extremos articulares dos [[óso|ósos longos]].
* Elástico: máis elástico e flexible có hialino, e de cor amarelenta. Posúe fibras de coláxeno tipo II e pericondrio. Está presenta na [[epiglote]], na larinxe, nas paredes do [[conduto auditivo externo]] e na [[trompa de Falopio]].
* Fibroso (ou fibrocartilaxe): unha forma de transición entre o tecido conxuntivo denso e o tecido cartilaxinoso hialino, con fibras de coláxeno tipo I. Está presente nos [[disco intervertebral|discos intervertebrais]], bordos das articulacións, meniscos, puntos de inserción de [[ligamento]]s e [[tendón]]s ou na sínfise da [[pube]]. Carece de pericondrio.
289.023

edicións