Membrana celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
A principios do século XX, investigacións experimentais da fisioloxía celular conduciron a postular a existencia, en todas as células, dunha membrana invisible, á que se chamou '''[[membrana plasmática]]''' ou citoplasmática, e que debía estar composta esencialmente de [[lípido]]s. Esta representaba a envoltura do [[protoplasma]], a parte fisioloxicamente activa da célula. Co uso do microscopio electrónico, puido observarse por fin a membrana plasmática, cuxa espesura típica é de só 0,0075 µm (75 Å). Co microscopio electrónico pode distinguirse na célula das plantas a membrana plasmática da parede celular.
 
Un exemplo de uso de membrana celular co significado de parede celular é o tratado clásico de [[histoloxía vexetal]] de K. Esau, que na súa tradución ao castelán (aquí traducido ao galego) da súa 3ª edición de 1976 di así <ref>Katherine Esau. Anatomía Vegetal. 3ª edición (1976). Omega. Páxina 51. ISBN 84-282-0169-2.</ref>:
{{Cita|"O termo ''membrana celular'' emprégase correntemente na bibliografía botánica escrita en castelán e o mesmo ocorre na bibliografía alemá e nalgunhas publicacións antigas en lingua inglesa; en cambio, nas publicacións modernas escritas en inglés utilízase o termo ''parede celular'', tamén usado en castelán."}}
O parágrafo citado, traducido aquí ao galego, fai referencia ao idioma castelán, pero nesa lingua, igual que noutras, obsérvase a partir daquela época unha preferencia a usar os termos máis claros ''membrana plasmática'' e ''parede celular'' mellor que ''membrana celular''. Así, noutro libro clásico publicado só uns anos despois da referencia anterior, como é o Tratado de Botánica de Strasburger na 7ª edición en castelán de 1986, o termo "membrana celular" xa non aparece no índice alfabético de termos, pero si aparecen membrana plasmática, parede celular, biomembrana e outras.<ref>Strasburger. Botánica. 7ª edición. (1986). ISBN 84-7102-990-1.</ref> En inglés, membrana celular acabou facéndose sinónimo de membrana plasmática.