Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 35:
O [[3 de xuño]] de [[1907]] foi disoluta a [[Duma]] polo goberno tsarista e levados a xuízo os deputados socialdemócratas, o ministro [[Piotr Stolypin]] cubriu de forcas e patíbulos a Rusia e desatou a represión contra os socialistas e outros revolucionarios. Nas filas socialdemócratas xurdiron novos debates sobre o papel das organizacións legais e clandestinas. En xeral, os menxeviques eran partidarios de centrarse na construción dun partido legal de masas, en tanto que os bolxeviques consideraban fundamental preservar a organización clandestina do partido para desde alí traballar en organizacións legais ou non legais de masas. Un sector denominado ''otzovista'' (revocadores) opúñase a participar nas organizacións legais e o parlamento e esixía revogar o mandato aos deputados socialdemócratas na [[Duma]].
 
Despois de fallar os esforzos de unificación de 1910, cando os bolxeviques cesaron de publicar o seu órgano ''Proletari'' ("O Proletario"), pero os menxeviques seguiron publicando "A Voz da Socialdemocracia", os bolxeviques decidiron conformar un partido a parte sen os menxeviques e en xaneiro de 1912 nunha conferencia en [[Praga]] proclamaron o ''Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia (bolxevique)''. Fronte a eles aliñáronse con propostas de unidade os menxeviques, [[Lev Trotski|Trotski]] e os otzovistas, no ''Bloque de Agosto''. Os bolxeviques contestaron á súa vez conformando con Plekhanov un bloque "en defensa do partido" e publicaron o diario ''[[Pravda]]'' ("A Verdade") do que vendían habitualmente 40 mil exemplares, en tanto os menxeviques publicaban ''Luch'' ("O Raio") con 16 mil exemplares.
 
=== Primeira Guerra Mundial ===