Juan Ruiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Libro de Buen Amor
Xosé (conversa | contribucións)
Ampliación, traducindo da es:wikipedia
Liña 1:
'''Juan Ruiz''', '''arcipreste de Hita''' ([[Alcalá de Henares]] ca. [[1283]] - ca. [[1350]]). Sacerdote e escritor [[España|español]].<br>
 
Pouco é o que coñecemos da súa vida, estudou, probablemente, en [[Toledo]], pasou na cadea moitos anos, por orde do arcebispo de Toledo Gil Albornoz, e alí escribiu o seu único libro, ''Libro de Buen Amor'' (''[[Libro de bo amor]]''). Considerado o primeiro lírico castelán.
Pouco é o que se coñece da súa vida. Probablemente estudou en [[Toledo]], pasou na cadea varios anos entre [[1337]] e [[1350]] por orde do arcebispo de Toledo Gil Albornoz, e alí escribiu a súa única obra, o ''Libro de Buen Amor'' (''[[Libro de bo amor]]''). Este libro encerra unha protesta polas posturas integristas daquel prelado, que pretendía extender á súa diócese a doutrina papal do [[celibato]] obrigatorio, frente á tradición hispánica da [[barraganía]], ou contrato de convivencia dun sacerdote cunha muller, máis asentada nun territorio multicultural como era a diócese de Toledo, na que xa se extendera a herexía do [[adopcionismo]] de [[Elipando]]. A súa postura aparece na "Cantiga dos cérigos de Talavera", que parece que foi a que motivou a orde de prisión do arcebispo. Esta postura crítica cara o alto clero emparenta a Juan Ruiz coa literatura [[goliardo|goliarda]] medieval, así como o restante contido desenfadado e crítico da obra. Estímase [[1350]] como data da súa morte porque ao ano seguinte era outro xa o arcipreste de Hita.
 
Juan Ruiz é considerado como o primeiro lírico español. Mostra unha cultura ampla e unha linguaxe rica, que gosta de acumular sinónimos parciais e de repetir o mesmo concepto de distintas maneiras, o que o relaciona coa técnica do sermón. A linguaxe é popular e coloquial, moi viva e creativa. Por outra banda, a súa obra mostra un coñecimento das paixóns humanas e caracterízase polo balanzo entre a delicadeza e a desvergoña, que logra mediante unha intelixencia fina, ambigua e irónica, pese ao que a obra posúe brío e audacia.
 
Do ''Libro de bo amor'' existen tres códices: o de [[Salamanca]], ou S., hoxe na [[Real Biblioteca]], considerado como o mellor. Os outros dous son o da [[Academia Española]], coñecido como códice G. ou de Gayoso e o T. ou de Toledo. O poema consta de 1728 estrofes e é unha colección heteroxénea de diversos materiais unidos en volta dunha pretendida autobiografía amorosa do propio autor na que aparecen representadas a través das súas amantes todas as camadas da sociedade medieval española. Así, recóllense composicións líricas profanas ([[serranilla]]s, moitas veces paródicas) ao lado doutras relixiosas, [[fábula]]s, [[apólogo]]s, glosas do ''Ars Amandi'' de [[Ovidio]], parodias da liturxia das [[hora canónica|horas canónicas]] ou cos [[cantar de xesta|cantares de xesta]] (como o "Combate de don Carnal con dona Cuaresma"), prantos (como o da morte de Trotaconventos, personaxe que constitúe un precedente da [[Celestina]]), [[sátira]]s (como as dirixidas contra as donas chichas ou o poder igualador do diñeiro, [[alegoría]]s, [[moralidade]]s, [[sermón]]s, cantigas de cegos e de escolares, etc.
 
[[es:Arcipreste de Hita]]
[[en:Juan Ruiz]]