Lenin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Escritos: Iosif Stalin
m Lev Trotski
Liña 234:
O goberno soviético<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=7-8}}</ref> anunciou publicamente a morte de Lenin ao día seguinte coas bágoas do xefe de Estado [[Mikhail Kalinin]] mentres lía un comunicado oficial aos delegados do Congreso Panruso dos Soviets ás 11.00 horas, á vez que un equipo de médicos comezaba a autopsia do corpo. O [[23 de xaneiro]], membros do Comité Central do Partido, a organización do partido en [[Moscova]], os sindicatos e os soviets comezaron a xuntarse na súa casa. O corpo foi de alí ás 10.00 horas do día seguinte e levando en alto nun cadaleito vermello por [[Lev Kámenev|Kámenev]], [[Grigori Zinoviev|Zinoviev]], Stalin, Bukharin, Bubhov e Krasin. Transportado en tren a Moscova, doentes fóronse unindo á marcha en cada estación ao longo do camiño e, ao chegar á cidade, unha procesión fúnebre acompañou o cadaleito durante uns oito [[quilómetro]]s até a Casa Sindical, onde estaba instalada a capela ardente.
 
Durante os seguintes tres días,<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|p=9}}</ref> ao redor dun millón de doentes de toda a [[Unión Soviética]] chegaron para ver o corpo, facendo cola durante horas con [[temperatura]]s [[Grao Celsius|baixo cero]]. O evento foi filmado polo goberno. O sábado [[26 de xaneiro]], o undécimo [[Congreso dos Soviets de Todas As Rusias|Congreso Panruso dos Soviets]] xuntouse para presentar os seus respectos ao falecido líder, con discursos de [[Mikhail Kalinin|Kalinin]], [[Grigori Zinoviev|Zinoviev]] e [[Iosif Stalin|Stalin]], e coa destacada ausencia de [[Lev Trotski|Trotski]], quen estaba convalecente no [[Cáucaso]]. O funeral de Lenin tivo lugar ao día seguinte. O seu corpo foi levado á [[praza Vermella]] acompañado por música marcial, mentres as multitudes escoitaban unha serie de discursos, seguido polo canto do himno revolucionario "''Caeu en sacrificio''".
 
Tres días despois da súa morte<ref>{{cita libro|autor=Panchenko , Aleksandr Mikhaylovich|título=О русской истории и культуре|título-trad=Sobre a historia e cultura rusas|editor=Azbuka|localización=San Petersburgo|ano=2003|páxina=433|lingua=ruso}}</ref> a cidade de [[Petrogrado]] foi renomeada na súa honra como [[Leningrado]], permanecendo así até [[1991]] cando se disolveu a [[Unión Soviética]]. Porén, a área administrativa segue a chamarse aínda hoxe "[[Óblast de Leningrado]]". Na década de [[1920]], o cosmismo era tan popular que Leonid Krasin e Alexander Bogdanov propuxeron preservar [[criónica|crionicamente]] a Lenin para unha futura resurrección, con todo, a pesar de que se mercou o equipo necesario, non se chegou a facer. Pola contra, hoxe o seu corpo atópase embalsamado e exposto de permanentemente no Mausoleo de Lenin en [[Moscova]], onde permanece dende o [[27 de xaneiro]] de [[1924]].