Diferenzas entre revisións de «Revolución Rusa de 1917»

m
m (→‎Os días de abril: arranxiño)
 
=== O aumento da reacción ===
A represión, con todo, caeu sobre os bolxeviques: [[Lev Trotski|Trotski]] foi encarcerado, Lenin viuse obrigado a fuxir e a refuxiarse en Finlandia e o xornal bolxevique ''Rabochi i Soldat'' (''Obreiro e Soldado'') foi prohibido. Os rexementos de artilleiros que apoiaran a revolución disolvéronse, sendo enviados á fronte en pequenos destacamentos, á vez que os obreiros eran desarmados. 90.000 homes tiveron que abandonar [[Petrogrado]]; encarcerouse aos «axitadores» e restaurouse a pena de morte, abolida en febreiro. Na fronte, a volta ás hostilidades iniciouse trala repentina liberdade outorgada polo [[Orde número 1|''Prikaz'' n.º 1]] en febreiro. Así, o [[8 de xullo]], o xeneral [[Lavr Kornilov|Kornílov]], que comandaba as operacións da fronte sur-oriental, deu a orde de abrir lume de metralladora e artillería contra os soldados que abandonasen a fronte. Desde o 18 de xuño ao 6 de xullo, a ofensiva nesta fronte saldouse con 58.000 mortes, sen éxito.
 
A [[Reaccionario|reacción]] aumentou, co tsarismo levantando a cabeza; producíndose [[pogrom]]s nas zonas rurais. Kerenskii sucedeu a [[Georgii Lvov]], monárquico moderado, á fronte do Goberno provisional tralas [[Xornadas de Xullo]], pero foi perdendo progresivamente a consideración das masas populares e parecía incapaz de conter o crecemento da reacción.
[[Ficheiro:Presidium of the 9th Congress of the Russian Communist Party (Bolsheviks).jpg|230px|miniatura|Reunión [[bolxevique]] con [[Lenin]] á dereita da imaxe.]]
[[Ficheiro:First Red Guards in Petrograd, fall 1917 cropped.jpg|230px|miniatura|dereita|Manifestación de obreiros armados e a [[Garda Vermella]] en Petrogrado en 1917.]]
Pouco a pouco, os obreiros e os soldados fóronse convencendo de que non podía haber unha reconciliación entre o antigo modelo de sociedade defendido por Kornílov e o novo. O golpe e a caída do Goberno provisional, que deu aos soviets a dirección da resistencia, fortaleceu e reforzou a autoridade e a presenza na sociedade dos bolxeviques. O seu prestixio ía en aumento: constrinxidos pola contrarrevolución, as masas radicalizáronse e os sindicatos aliñáronse cos bolxeviques. O [[31 de agosto]], o [[Soviet de Petrogrado]] xa era maioritariamente [[bolxevique]], escollendo a [[Lev Trotski|Trotski]] como o seu presidente o [[30 de setembro]].
 
Todas as eleccións foron testemuño do crecemento bolxevique: así, nas eleccións de [[Moscova]], entre xuño e setembro, o [[Partido Social-Revolucionario|PSR]] pasou de 375.000 a 54.000 votos, os [[menxevique]]s de 76.000 a 16.000 e o [[Partido Democrático Constitucional|KD]] de 109.000 a 101.000 sufraxios, mentres que os bolxeviques aumentaron de 75.000 a 198.000 votos. O lema «Todo o poder para os soviets» foi utilizado máis aló do ámbito bolxevique, sendo usado por obreiros do PSR ou polos menxeviques. O [[31 de agosto]], o [[Soviet de Petrogrado]] e outros 126 soviets votaron unha resolución en favor do poder soviético.
103.686

edicións