Diferenzas entre revisións de «Imre Nagy»

m
→‎Traxectoria: Iosif Stalin
m (Arranxos varios)
m (→‎Traxectoria: Iosif Stalin)
 
En [[1944]] tras a derrota dos [[Nazismo|nazis]] regresa para formar parte do novo goberno popular en Hungría, despois de 15 anos de exilio na [[URSS]], onde estudou [[agricultura]] no Instituto de Moscova. Tamén foi membro activo do Instituto de Ciencia Agrícola.
 
Na súa etapa como membro do goberno húngaro, Nagy ocupou diversos cargos, como Ministro de Agricultura (1944-1945), Ministro do Interior (1945-1946) e Presidente da Asemblea Nacional (1947) até que en 1949, por mor das duras críticas ao Partido pola súa política agraria, é expulsado do [[Politburó]]. En 1951, tras unha renuncia pública das súas críticas, é admitido novamente até chegar a ser o Primeiro Ministro á morte de [[Iosif Stalin|Stalin]].
 
Cando as tropas do [[Exército Vermello]] entraban en Budapest, Nagy refúxiase na embaixada de [[Iugoslavia]], onde lle ofreceron protección. Días despois sae da embaixada e é deportado a [[Romanía]] o 23 de novembro. Tras case dous anos de detención e tras procesalo nun xuízo secreto, é condenado á pena máxima e executado o [[16 de xuño]] de [[1958]].
105.913

edicións