Ruptura sino-soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos
m →‎Orixes: Iosif Stalin
Liña 2:
 
== Orixes ==
[[Ficheiro:1949_Mao_and_Stalin.jpg|300px|miniatura|[[Mao Tse Tung|Mao]] e [[Iosif Stalin|Stalin]] xuntos en [[Moscova]], celebrando o aniversario de Stalin en dicembro de 1949.]]
As raíces do conflito entre os comunistas chineses e os soviéticos remontanse ao momento en que [[Mao Tse Tung]] se converteu no líder do [[Partido Comunista de China|Partido Comunista da China]] (ZG) contra as preferencias da URSS, que até aquel momento controloaba o ZG a través da [[Terceira Internacional]]. Mao tiña deseñado unha adaptación chinesa do [[marxismo-leninismo]], baseándose máis no campesiñado que no proletariado industrial, e dando orixe a unha nova concepción da construción comunista denominada [[Nova democracia (concepto)|Nova Democracia]]. Na loita polo poder que se escenificou durante a [[Longa Marcha]], Mao Tse Tung tornouse o líder indiscutíbel do [[comunismo]] chinés, por diante de [[Bo Wu]] e [[Wang Ming]], apoiados por [[Moscova]].
 
Coa vitoria do comunismo na [[guerra civil chinesa]] en [[1949]], e malia a animadversión que [[Iosif Stalin|Stalin]] e [[Mao Tse Tung]] se profesaban mutuamente, os dous Estados comunistas necesitábanse. Pola parte soviética, a vitoria da revolución chinesa era vista como un avance fundamental no proceso de expansión mundial do comunismo ([[República Popular da China|China]] era xa o país máis populoso do mundo), e, polo tanto, como unha vitoria da propia URSS ao liderar o movemento proletario internacional. Pola parte chinesa, a [[URSS]] da época de [[Stalin]] aparecía como a superpotencia comunista á que recorrer, especialmente tras a [[guerra de Corea]], que bloqueara as relacións con [[Occidente]].
 
== Desenvolvemento do conflito ==