Diferenzas entre revisións de «Historia de Europa»

m
(Ligazón interna.)
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-N0827-318, KZ Auschwitz, Ankunft ungarischer Juden.jpg|miniatura|150px|Xudeus húngaros chegando ao campo de concentración de [[Auschwitz]].]]
 
Desde a guerra contra Finlandia, [[Iosif Stalin|Stalin]] estivera realizando esforzos apurados para modernizar o [[Exército Vermello]], xa que tanto el como Hitler sabían que o tratado de amizade que firmaran non duraría moito tempo. Porén, Hitler adiantouse aos plans de Stalin e, en xuño de 1941, Alemaña lanzou a [[Operación Barbarroxa]] contra a Unión Soviética, cuxo obxectivo final era a derrota do enorme país eslavo en só tres meses, co que desta maneira Alemaña deixaría os ingleses sen un posíbel aliado (ademais de conseguir o ansiado teritorio para a súa expansión territorial cara ao leste para levar a cabo a súa política de "espazo vital" (''[[Lebensraum]]'' en alemán).
 
Italia, despois de ser invadida polos aliados, derrocou a Mussolini, cambiou ao bando aliado en 1943, facendo o mesmo [[Romanía]] en 1944, ao ser invadida polos rusos. Alemaña capitulou o [[7 de maio]] de [[1945]], despois de que caera [[Berlín]] o 2 de maio ante as forzas soviéticas. O 8 de maio firmouse o armisticio que puxo fin á guerra en Europa.<ref>{{Cita web| url = http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,1468900,00.html | título = Alemania: ¿liberación o derrota? | ano = 2005 | obra = Deutsche Welle 25.01.2005 | dataacceso =4 de xaneiro de 2011 |lingua= español}}</ref>
102.348

edicións