Diferenzas entre revisións de «Ángel Martínez Castro»

sen resumo de edición
(Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
'''Ángel Martínez Castro''', nado en [[Ponteareas]] a finais da década de 1870 e finado en [[Buenos Aires]] o [[11 de outubro]] de [[1930]]<ref>Necrolóxica en ''[[Acción Gallega]]'', 26-10-1930, p. 1</ref>, foi un agrarista e político galego.
== Traxectoria ==
Emigrou a Bos Aires con 13 anos. Aos 25 ingresou no Partido Socialista Argentino. Retornou a [[Ponteareas]] en [[1909]] onde organizou un grupo agrarista. Volveu a Arxentina ao ano seguinte e fundou o Comité Puenteareano. Promoveu a creación do Comité Auxiliar de las Sociedades Agrícolas de Puenteareas en [[Buenos Aires]] que despois pasou a denominarse Comité Puenteareano de Acción Popular. Foi correspondente administrativo de ''[[El Tea]]'' en Buenos Aires. Foi un dos fundadores da [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales]], da que foi o seu primeiro secretario xeral. Despois integrouse no Comité de prensa da Federación pero foi desprazado polo sector galeguista. Logo da ruptura da Federación en [[1929]], o Comité Puenteareano ingresou na [[Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires]] e Martínez participou no Comité de prensa de ''[[Acción Gallega (1926)|Acción Gallega]]''.
 
== Notas ==
20

edicións