Alemaña nazi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Iosif Stalin
Liña 71:
O racismo, sobre todo [[antisemitismo]], foi unha das características centrais do réxime. Os pobos xermánicos foron considerados como a representación máis pura do [[Ario|arianismo]] e, polo tanto, a raza superior. Os [[xudeus]] e outros considerados indesexables foron perseguidos ou asasinados, e a oposición ao goberno de Hitler foi brutalmente reprimida. Os membros da oposición liberal, socialista e comunista morreron, foron prendidos ou forzados ao exilio. As igrexas cristiás tamén foron oprimidas, con moitos líderes presos. A educación estaba centrada na bioloxía racial, política de poboación e aptitude para o servizo militar. A carreira e oportunidades educativas para as mulleres foron reducidas. Nas [[Xogos Olímpicos de 1936|Olimpíadas de verán de 1936]] presentouse o Terceiro Reich no escenario internacional. O Ministro de Propaganda, [[Joseph Goebbels]], fixo uso efectivo das película, mitins e oratoria de Hitler para controlar a opinión pública. O goberno controlaba a expresión artística, promovendo formas de arte específicas e evitaba ou prohibía outras.
 
Alemaña fixo esixencias territoriais cada vez máis agresivas, ameazando coa guerra se non eran atendidas. [[Austria]] e [[Checoslovaquia]] foron anexadas en [[1938]] e [[1939]]. Hitler fixo un pacto con [[Iosif Stalin|Joseph Stalin]] e invadiu a [[Polonia]] en [[setembro]] de [[1939]], comezando así a [[Segunda Guerra Mundial]] en Europa. En alianza coa [[Italia]] de [[Benito Mussolini]] e outras potencias do Eixo, Alemaña conquistou a maior parte de Europa en [[1940]] e ameazou a [[Gran Bretaña]]. Os Reichskommissariats asumiron o control brutal das áreas conquistadas, e unha administración alemá foi fundada en Polonia. Os xudeus e outros grupos considerados como indesexables foron aprisionados en [[Campo de concentración|campos de concentración]]. A implantación de políticas raciais do réxime culminou co asasinato en masa de xudeus e outras minorías no [[Holocausto]]. Tras a invasión alemá da [[Unión Soviética]] en [[1941]], a marea virou contra o Terceiro Reich, e as grandes derrotas militares chegaron en [[1943]]. O bombardeo a grande escala de cidades alemás, ferrocarrís e centrais de petróleo intensificouse en [[1944]]. Alemaña foi invadida en [[1945]] polos soviéticos no leste e outros aliados por occidente. A negativa de Hitler a admitir a derrota levou á destrución masiva de infraestrutura alemá e perda innecesaria de vidas, nos meses finais da guerra. Os aliados vitoriosos iniciaron unha política de desnazificación e xulgaron aos líderes nazis por crimes de guerra nos [[Xuízos de Nuremberg]].
 
== Nome ==