Diferenzas entre revisións de «Amy Winehouse»

→‎Influencias: ligs. int.
(→‎Influencias: ligs. int.)
Amy Winehouse foi asimilando dende a infancia a música que influiría na súa obra. O seu traballo profesional caracterízase pola mestura ecléctica de diversos xéneros musicais: "escoitei hip-hop e jazz durante tantos anos. Foi jazz, soul, [[Motown]], logo hip-hop. Obviamente eu fun polo medio"<ref name="ecléctico">{{cita novas |url=http://www.theguardian.com/music/2012/jul/22/amy-winehouse-her-own-words |título=Amy Winehouse: in her own words |ano=2006 |xornal=The Guardian |dataacceso=5-1-2016 }}</ref>.
 
Na súa familia había músicos de jazz profesional e seus pais gustaban da música, na súa casa poñíanse os discos de Etta James, Sarah Vaughan, Dinah Washington, Ella Fitzgerald ou Frank Sinatra<ref name="vinilo">{{cita web |url=http://www.artistdirect.com/artist/bio/amy-winehouse/2758613 |título=Amy Winehouse Biography |páxina-web=Artist direct |dataacceso=5-1-2016 }}</ref>. Con todo, ela admitiu non ter escoitado moito soul cando era nova<ref name="ecléctico" />. A través de seu irmán foi coñecendo diversos grupos musicais: Alex escoitaba [[Sonic Youth]], e [[Pearl Jam]] e [[Therapy?]] e ela flirteou brevemente con estes estilos, pero foi arredor dos 9 cando descubriu Salt-N-Pepa e TLC, sentiuse fascinada ó instante polo espírito rebelde destes grupos e interesouse tamén por outras bandas americanas de R&B e hip-hop do momento. Con 14 comezou a escoitar jazz, sempre a través de seu irmán; primeiro quedou impresionada con ''’Round Midnight'' de [[Thelonious Monk]] e logo foi [[Ray Charles]] con ''Unchain My Heart'': "entón escoitei a Ray Charles exclusivamente durante tres meses". Con 14 ou 15 gustáballe [[Otis Redding]]<ref name="ecléctico" />. Emporiso nos primeiros anos da adolescencia tamén lle gustaba a mesma música que ós seus amigos, escoitaba a Kylie Minogue e encantáballe Madonna<ref name="troula" /><ref name="pícaro" /><ref name="vinilo" />.
 
Cando comezou a tocar polos pubs de Camden as influencias de Winehouse eran Dinah Washington, Billie Holiday, Frank Sinatra, o álbum ''Tapestry'' de Carole King e James Taylor. O seu representante musical naquela época, Nick Godwyn, comentou: "non era o que unha moza de 16 anos adoitaba escoitar"<ref name="Island" />. Interesouse tamén polas intérpretes de [[gospel]] como [[Mahalia Jackson]] ou [[Aretha Franklin]]. Sarah Vaughan tivo unha grande influencia en Amy Winehouse e na súa aproximación á música, na súa melodía e no seu estilo<ref>{{cita web|título=The Influences of Amy Winehouse - Sarah Vaughan "The Divine One." |url=http://www.thewinehousemag.com/the-influences-of-amy-winehouse/ |autor=Chaka V. |páxina-web=The Winehouse Mag |data=13-7-2013 |dataacceso=24-1-2016 }}</ref>, Winehouse declarou: "é unha das miñas cantantes favoritas de tódolos tempos [...] Regresei a Sarah Vaughan contra os 18. Aprendín a cantar de Dinah Washington, e doutros como Monk. Non só vocalmente o jazz. Aprendín de todo realmente"<ref name="ecléctico" />. O seu álbum debut ''Frank'' (2003) constitúe unha fusión ecléctica de soul, jazz e hip-hop<ref name="troula" />.
4.048

edicións