Diferenzas entre revisións de «A revolta dos animais»

m
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos using AWB)
Na [[granxa]] do señor Jones, os animais non están contentos co seu tipo de vida e planean unha rebelión encabezada polos porcos. Unha noite os animais levántanse en armas e expulsan ós humanos creando un sistema de [[autogoberno]], pero que acaba converténdose nunha [[tiranía]] brutal.
 
A novela foi escrita durante a [[Segunda guerra mundial]] e, aínda que foi publicada en 1945, non comezou a ser recoñecida ata finais da década de 1950. Constitúe unha crítica velada da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]] e unha sátira sobre a corrupción do [[socialismo]] [[URSS|soviético]] nos tempos de [[Iosif Stalin|Stalin]].
 
Ademais, a obra constitúe unha análise sinxelo á vez que formidable da corrupción que crea o poder en calquera nivel. Así, a obra posúe un dobre nivel de profundidade, o que fai posible que a mensaxe transcenda o caso particular do réxime soviético, e sexa captado incluso por nenos que nin sequera coñecen a historia da Unión Soviética. Isto conseguiu que o libro sexa utilizado como ferramenta educativa mesmo nos primeiros anos da escolaridade.
108.797

edicións