Gran Premio de Australia de 2019: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 55:
 
Na a terceira sesión de cualificación todos os equipos tiveron dous intentos para marcar o mellor tempo, logo do primeiro intento foi Valtteri Bottas quen liderou tras derrotar á marca de volta de cualificación que fixou Hamilton na Q2, seguido por Hamilton e [[Sebastian Vettel]].<ref name=":1" /> Durante o segundo intento na Q3, Hamilton mellorou o seu tempo en medio segundo para bater o récord de volta de Bottas.<ref name = ":1"/> Como ninguén mellorou o seu tempo Lewis Hamilton acadou a [[pole position]], seguido por Valtteri Bottas e Sebastian Vettel completando os tres primeiros.<ref name=":0" /> Os dez primeiros foron completados por [[Max Verstappen]], [[Charles Leclerc]], [[Romain Grosjean]], [[Kevin Magnussen]], [Norris Lando]], [[Kimi Räikkönen]] e [[Sergio Pérez Mendoza|Sergio Pérez]]. Na súa entrevista logo da cualificación, Leclerc confesou que non estaba feliz coa súa actuación ao dicir que pensaba que era capaz de entrar nos tres primeiros, pero que non conseguiu debido a unha volta pouco metódica.<ref>{{Cite web|url=https://www.formula1.com/en/latest/article.%27i-didn%27t-do-the-job-in-q3%27-says-unhappy-leclerc.4yd9VKHYINt2KfkVE1VJog.html|title=Australian Grand Prix 2019 qualifying - Charles Leclerc ‘not happy’ with performance after Melbourne qualifying {{!}} Formula 1®|last=|first=|date=|website=www.formula1.com|language=en|archive-url=|archive-date=|dead-url=|access-date=16 de marzo de 2019}}</ref> Mentres, o equipo Haas dixo que estaban encantados co seu desempeño conseguindo que os seus coches fosen sexto e sétimo.<ref>{{Cite web|url=https://www.formula1.com/en/latest/article.haas-delighted-with-sixth-and-seventh-in-australia-qualifying.1u2U5ifa6Ps7eh0m204wPd.html|title=Haas delighted with sixth and seventh in Australia qualifying {{!}} Formula 1®|last=|first=|date=|website=www.formula1.com|language=en|archive-url=|archive-date=|dead-url=|access-date=16 de marzo de 2019}}</ref>
 
=== Carreira ===
 
Valtteri Bottas comezou a carreira ben desde o segundo posto e na primeira curva acadou o liderado. Detrás, Daniel Ricciardo disputaba a posición con Sergio Pérez, calculou mal a distancia e pisou a herba do lado dereito da pista. O seu aleron dianteiro chantouse na herba e desfíxose dunha forma bastante espectacular, derramando restos ao redor desa parte da pista e provocándolle unha rápida perda de posicións. Max Verstappen foi adiantado por Charles Leclerc, que pasou a loitar contra o seu compañeiro de equipo. Sebastian Vettel mantivo a Leclerc na cuarta posición. Os compañeiros de equipo de Haas, Kevin Magnussen e Romain Grosjean, intercambiaron posicións antes de que Robert Kubica entrase en boxes na volta 6 logo de sufrir danos na súa á dianteira. Na volta 11, Carlos Sainz detivo o seu McLaren na entrada dos boxes, cun gran penacho de fume emerxendo desde a parte traseira do seu coche, seguido dun incendio. Räikkönen entrou en boxes na volta 13 e Pierre Gasly esforzouse por avanzar desde o P17, subindo só ata o P12. Nico Hulkenburg e Sergio Perez entraron nos boxes buscando un "[[undercut]]", seguidos por Sebastian Vettel que montou pneumáticos medios. Lewis Hamilton entrou unha volta máis tarde montando o mesmo composto de pneumáticos, e saíu diante de Vettel. Romain Grosjean entrou en boxes pero un problema no pneumático dianteiro esquerdo fixo que perdese tres posicións. Vettel fixo a volta rápida na volta 18 e Antonio Giovinazzi saíuse na curva 13, permitindo pasar a Kevin Magnussen. Bottas fixo a volta rápida na volta 21 e logo entrou a boxes na volta 23. Verstappen seguiuno tres voltas máis tarde e Lando Norris pasou a Giovinazzi na seguinte volta. Charles Leclerc entrou a boxes cando estaba no segundo posto na volta 29 e Daniel Ricciardo foi retirado da carreira polo seu equipo como precaución despois do incidente da primeira volta. Verstappen pasou a Vettel na volta 31. Na volta 55, Verstappen fai a volta rápida da carreira mentres se achega a Lewis Hamilton segundo. Bottas retoma a volta rápida e gaña a carreira cun oco de 20.886 segundos ao seu compañeiro de equipo. Hamilton chegou segundo, seguido de Verstappen no terceiro e os dous Ferrari cuarto e quinto.
 
== Pneus dispoñibles ==