Terceira Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 27:
En abril de 1929, [[Nikolai Bukharin]] é obrigado a dimitir do cargo de Secretario Xeral da Komintern acusado de ''dereitista'' pola dirección do PCUS, no momento en que a ascensión de [[Iosif Stalin|Iósiv Stalin]] se confirma imparábel. En substitución de Bujarin é escollido para a Secretaría Xeral o búlgaro [[Georgi Dimitrov]], que dirixirá a Komintern desde [[1934]] até a súa disolución.
 
O VII Congreso Mundial da Internacional Comunista celebrouse en [[Moscova]] en agosto de [[1935]]. Após o auxe dos [[fascismo]]s e o fracaso do programa político aprobado no anterior Congreso, apróbase unha política de frontes populares auspiciada intensamente por [[Iosif Stalin|Stalin]], que xa é gobernante absoluto da [[URSS]] despois de ter eliminado os seus opositores no proceso coñecido como a [[Gran Purga]]. Fronte a esta política de frontes populares, os representantes do [[trotskismo]] avogan pola revolución mundial inmediata. A posición que se aproba é, finalmente, a do PCUS staliniano.
 
===Disolución da Komintern===