Guerra civil rusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 67:
 
Só un mes despois da supresión da primeira revolta dos cosacos do Don, empezou unha nova rebelión. O de 6 de maio foi conquistada polo [[Exército branco]] a capital dos cosacos do Don, Novocherkask. Á caída da cidade contribuíu a insatisfacción da poboación, cosaca e non cosaca, cos bolxeviques. As requisas de alimentos para ser enviados á desabastecida Petrograd provocaron conflitos coas autoridades bolxeviques agravados máis aínda polos métodos draconianos das unidades do Exercito Vermello (que seguían a formulación de Trotski de utilizar o [[Terror]] como método de dominar ós rebeldes) e que incluían toma de reféns e fusilamentos.
Outro factor externo colaborou na recuperación dos contrarrevolucionarios: o avance dos soldados alemáns polos territorios próximos obrigou a retirarse ás forzas soviéticas. Deste xeito a nova rebelión cosaca foi indirectamente favorecida polos seus antigos inimigos. As tropas alemás cortaron o ferrocarril na zona do Don, entorpecendo a chegada de novas tropas soviéticas. Ademais, as armas requisadas ó Exército Vermello foron entregadas ós rebeldes. Dese xeito o exercito comandado polo xeral [[Krasnov]] contaba en xuño con 40.000 homes armados. Krasnov aproveitou militarmente esta vantaxe. En agosto de 1918 o xeral Mamontov comezou un ataque de cabalería contra [Zaryzin].Foi a primeira acción masiva de cabalariacabalaría da guerra civil rusa e obrigou ó Exército Vermello a crear as súas propias unidades montadas. A cidade foi cercada polos brancos e batalla o redor dela durou ata outubro e a dura resistencia dos sitiados serviu para que os Verrmellos compararán a cidade con [[Verdún]] O papel de [[Iosif Stalin]] na loita foi glorificado na súa época de xefe de estado. A finais do ano os cosacos do Don conseguiran só pequenos avances fora da súa área orixinaria.
O bloqueo alemán da rexión do Kuban no Rusia do sur, que separou esta rexión e maila República Soviética do Cáucaso Norte da Rusia central, marcou tamén o inicio da revolta dos [[cosacos do Kuban]]. O comandante dos cosacos,[[Denikin]], formou un corpo duns 9.000 voluntarios, máis deles veteranos da Primeira Guerra Mundial e dirixidos por oficiais de carreira. Fronte deles as forzas do goberno estaban constituídas por entre 80.000 e 100.000 soldados sen adestramento militar e dirixidos por un antigo suboficial do exercito tsarista. Esta situación permitiu os Brancos a conquista de [[Ekaterinodar]] o 18 de agosto de 1918.