Guerra civil rusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 54:
 
=== Consecuencias militares ===
Entre a dirección bolxevique había dúas posturas sobre o xeito de organizar o Exercito Vermello. A posición da ideoloxía marxista, apoiada entre ouros por [[Iosif Stalin|Stalin]] e o primeiro comandante xeral [Krylenko], esixía a constitución dun "exercito revolucionario" en forma dunha milicia sen rangos e dirixida por oficiais escollidos pola tropa. Esta foi a postura seguida dende o triunfo da Revolución. A ofensiva alemá amosou claramente o fracaso do sistema. As unidades improvisadas dos Vermellos foron incapaces de resistir os ataques de febles unidades da infantería alemá.[[Krylenko]] foi relevado e Trotski recibiu foi comisionado para organizar o exercito segundo o seu criterio. Trotski proxectou un exercito adoutrinado ideoloxicamente, mais no que se mantiveran a disciplina e a obediencia os superiores. O resultado da súa dirección foi a constitución dun corpo de 700.000 soldados ó acabar o ano 1918. As unidades irregulares que aínda quedaban tiñan que servir como forza de loita case simbólica diante unha posible intervención exterior.
 
== 1918 Consolidación das forzas antibolxeviques ==