Tatto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Fillo de [[Claffo]] e membro da [[dinastía letinga]], Tatto nos primeiros anos do [[século V]] guiou os longobardos no desprazamento desde a [[Baixa Austria]] ao "Feld" (o Marchfeld, rexión comprendida entre [[Viena]] e [[Bratislava]]). Probabelmente tratouse dun movemento migratorio imposto polos [[hérulos]], poderoso pobo xa había tempo situado naquela área do [[Nórico]] e que impoñían tributo aos longobardos.
 
Xuntos no Feld, porén, Tatto guiou a revolta do seu pobo contra os Hérulos e, na sanguenta batalla que tivo lugar no [[508]], venceu e matou en combate ao seu homólogo hérulo, [[Rodolfo, Rei hérulo|Rodolfo]]. A derrota dos Hérulos significou a desaparición deste pobo da historia; os longobardos de Tatto, polo contrario, emerxeron como nova potencia local: apoderáronse do tesouro dos vencidos, reforzaron o exército englobando guerreiros doutras tribos xa sometidas aos [[hérulos]] (ou os mesmos hérulos superviventes) e ocuparon unha vasta área en torno ao curso medio do [[Danubio]]. Durante séculos os longobardos conservaron memoria deste momento (na súa [[Origo gentis Langobardorum]]) como punto de inflexión da súa historia.
 
Sobre o ano [[510]] un sobriño de Tatto, [[Wacho]], rebelouse contra o seu tío, prendeuno e usurpou o trono.