Sistema de determinación do sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39:
=== Sistema ZZ/ZW ===
{{Artigo principal|Determinación do sexo ZW}}
O sistema de determinación do sexo ZW é típico de [[aves]], réptiles, algúns insectos e outros organismos. Depende da combinación de cromosomas sexuais Z e W e é inverso ao sistema XY: as femias teñen dous cromosomas sexuais diferentes, polo que son ZW, e os machos teñen dous iguais e son ZZ. Nos [[galiña|polos]], este sistema depende da expresión do xene DMRT1.<ref>{{Cita publicación periódica|author=Smith CA, Roeszler KN, Ohnesorg T, ''et al.'' |title=The avian Z-linked gene DMRT1 is required for male sex determination in the chicken|journal=Nature|volume=461|issue=7261|pages=267–71|year=2009|pmid=19710650|doi=10.1038/nature08298|url=http://www.nature.com/nature/journal/v461/n7261/full/nature08298.html}}</ref> Nas aves os xenes FET1 e ASW están situados no cromosoma W das femias, dun xeito similar ao xene SRY do cromosoma Y.<ref name=Hake/> Porén, non todas as especies dependen do cromosoma W para a determinación do sexo. Por exemplo, hai [[avelaína]]s e [[bolboreta]]s que teñen femias ZW, pero entre elas atopáronse algunhas femias Z0, e tamén femias ZZW.<ref name="Majerus"/> Ademais, entanto que os mamíferos femias [[inactivación do cromosoma X|inactivan un dos seus dous cromosomas X]] (forma o [[corpo de Barr]]), parece que no caso dos [[lepidóptero]]s, os machos (ZZ) producen unha cantidade de certos encimas dobre da normal, porque os dous cromosomas Z parecen estar activos.<ref name="Majerus"/> Como a determinación do sexo ZW é bastante variada, aínda non se sabe como determinan en detalle o seu sexo a maioría destas especies.<ref name="Majerus"/> Malia as semellanzas entre os sistemas ZW e XY, estes dous tipos de cromosomas sexuais non teñen homoloxía e evolucionaron separadamente. No caso do polo, o seu cromosoma Z é máis similar ao [[cromosoma 9]] autosómico humano ca ao X.<ref name=Stiglec>{{Cita publicación periódica |author=Stiglec R, Ezaz T, Graves JA |title=A new look at the evolution of avian sex chromosomes |journal=Cytogenet. Genome Res. |volume=117 |issue=1-4 |pages=103–9 |year=2007 |pmid=17675850 |doi=10.1159/000103170}}</ref> Polo contrario, o cromosoma Z de polo parece estar relacionado co cromosoma X de ornitorrinco.<ref name=Grutzner>{{Cita publicación periódica | last=Grützner | first=F. |autor2=Rens, W., Tsend-Ayush, E., El-Mogharbel, N., O'Brien, P.C.M., Jones, R.C., Ferguson-Smith, M.A. and Marshall, J.A. | year=2004 | title=In the platypus a meiotic chain of ten sex chromosomes shares genes with the bird Z and mammal X chromosomes | journal=[[Nature]] | volume=432 | pages=913–917 | doi=10.1038/nature03021 | pmid=15502814 | issue=7019}}</ref>
 
Algunhas especies co sistema ZW poden reproducirse [[partenoxénese|partenoxeneticamente]]. Cando unha destas especies, como o [[dragón de Komodo]], se reproduce por partenoxénese, xeralmente só se producen machos. Isto débese a que os ovos haploides duplican os seus cromosomas, orixinando individuos ZZ ou WW. As crías ZZ son machos, pero as WW non son viables e non chegan a nacer.<ref name="BBC">{{Cita novas |publisher=BBC News |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6196225.stm |title=Virgin births for giant lizards |accessdate=2008-03-13 |work= | date=2006-12-20}}</ref>